UNHA SOBREMESA MOI SABOROSA

Fai unhas semanas todas as nenas e nenos do cole estivemos no comedor escolar facendo unha saborosísima torta de piña. A profe Carmen e o alumnado de 4º, 5º e 6º ensináronnos a importancia de cada ingrediente, de onde se obtiñan, que vitaminas nos proporcionan... e todo sen glute claro!

Para facela empregamos xelatina, nata de repostería, piña e galletas, mesturamos todo e montámolo nun bol que metemos na neveira para que acadara a temperatura ideal.

Tivemos que agardar ata o día seguinte para poder degustala, pero xa vos decimos que mereceu a pena, estaba riquísima!
Mirade que ben quedou... e xa podedes imaxinar o pouquiño que durou nos pratos! 

Ah! e como detalle decorativo empregamos un froito vermello moi doce, a frambuesa! Encantounos!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer