MARZO 2012
Iníciome nesta páxina cos debuxos do conto “Alba e o pirata Jack sen sombra”. Como xa sabedes, polos vosos fillos, veu ó cole o pai de Mauro a contarnos un conto moi axeitado xa que estamos a traballar o tema da nosa vila". Mostrounos un percorrido por moitos sitios interesantes de Cedeira. Estivemos moi contentos e traballamos moitas cousas do conto, e gustaríame que virades algúns dos debuxos que fixemos e os diferentes finais que lle buscamos ó conto, tratando eso sí, que fose un final feliz, no que non fose necesario entrar en pelexas senón no diálogo. Aínda que non sempre conseguímolo.