O Bosque da Ribeira, no paseo do Río Condomiñas na zona da ponte de madeira, foi o destino dunha saída pedagóxica por parte dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria que, acompañados polas mestres e por Rafael López Loureiro, aprenderon moitas cousas sobre as árbores, plantas e animais do bosque. Preme na imaxe.
Do 17 ao 19 de xuño tivo lugar a excursión a Manzaneda dos nenos e nenas de 6º de Primaria. A pesar de que fixo moito frío e choveu en ocasións, todos o pasaron moi ben e participaron en actividades diferentes como cars, hípica, escalada, sendeirismo, tenis de mesa, fútbol, tiro con arco, billar, piscina e sesión de discoteca.