Todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participaron na fase local da tradicional carreira de campo a través organizada pola sección de deportes da Xunta de Galicia. Participaron os coles de Mañón, Moeche, Cariño e Cedeira.
Dende o departamento de Educación Física queremos agradecer aos mestres do noso cole a súa axuda e colaboración, implicándose na actividade e incluso acudindo cos máis pequenos a animar aos participantes.
Estas nenas representan o espíritu do deporte escolar. O importante é participar e esforzarse.