O censo electoral do sector das familias está publicado na secretaría do centro. Prazo para presentar reclamacións contra o censo electoral: do 10 ao 17 de novembro.
Prazo de admisión de candidaturas de pais/nais: do 11 ao 18 de novembro. (Modelo para presentar candidatura en secretaría)
Data de celebración do sorteo para determinar os membros das mesas electorais: 21 de novembro.
PUBLICADAS EN SECRETARÍA AS LISTAXES DE ADMITIDOS E DE RESERVA PARA COMEDOR ESCOLAR. AS FAMILIAS QUE TEÑAN PENDENTE ENTREGAR DOCUMENTACIÓN DEBERÁN FACELO ATA O 19 DE XUÑO (INCLUSIVE).
No taboleiro da secretaría do centro educativo están expostas as listaxes de solicitudes presentadas para as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2021-22.
Rematamos o curso 2021/22 cunha gran festa de despedida, que tan merecida tiñan os nosos nenos e nenas tras varios cursos limitados polo protocolo COVID. Deixamos a continuación un video resumo do último día de clase. Esta festa foi posible grazas á colaboración da ANPA PICAPEIXE, ó Concello de Cedeira, ao persoal docente e non docente do noso centro educativo e ás nais colaboradoras nos obradoiros.
Dende o CEIP Nicolás del Río desexámosvos a todos e todas que pasedes un bo verán! Vémonos no curso 2022/2023!
Dende o día de hoxe, 19 de maio, ata o 22 de xuño, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros de texto e material esolar para o curso 2022/23. (Orde do 29 de abril)
Recórdase que o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, para ter dereito a esta axuda hai que ter devoltos os libros do curso 2021/22 con data límite 20 de xuño.