Skip to Content

O MAGOSTO

O Magosto, sen dúbida, é unha celebración que non pode faltar nun colexio galego, posto que este saboroso froito seco e todas as festas gastronómicas e culturais que o seguen son parte inherente ás costumes da nosa comunidade, e debémolas coñecer e practicar xa dende moi nenos.

Este ano no CEIP Muimenta decidimos non só adicarlle tempo a encher o noso bandullo cun bo cestiño de castañas, construído por nós mesmos días antes, para poder degustalas. Todos xuntos cooperamos na realización de murais para poñer bonito o noso centro.  Ademais, pasámolo moi ben cos diferentes xogos que organizou a profe de EF. Os xogos eran:

  • O monstro traga- castañas
  • O hóckey acastañado
  • Os bolos con castañas
  • A oveira de castañas
  • As iogurteiras

Preme no seguinte enlace para ver máis fotos.



page | by Dr. Radut