Skip to Content

SAMAÍN

No Samaín convertemos o colexio nunha auténtica casa de terror,  pocimas, meigallos e maldicións. Tampouco nos quixemos esquecer dunha das tradicións máis arraigadas desta festa outonal galega, as cabazas. Polo que establecemos un concurso de cabazas entre os alumnos/as de todo o centro. Cada neno/a construía a súa propia cabaza guiándose pola súa capacidade creativa,. E finalmente todos xuntos, e despois dunha acalorada votación, conseguimos premiar as gañadoras. Pero pese ó medo vivido, soubémonos divertir  moitísimo grazas a tres actividades :

A CASA DAS TINIEBLAS (Onde gañaba o equipo que, unha vez encerrados no ximnasio totalmente a escuras e con trampas polo medio, recadaban o maior número de pantasmas brillantes posible).

A RULETA DA CABAZA (Onde todos os nenos/as sentados nun círculo se ían pasando a cabaza no sentido das agullas do reloxo mentres soaba a música, e cando se detiña esta, perdía o neno que tivera a cabaza, e así sucesivamente ata quedar un gañador).

O BAILE DE DESPEDIDA (e para rematar o día bailamos ó unísono unha coreografía moi simpática no patio de colexio)

Os gañadores de cada xogo levaban como premio unha bolsiña de cabazas de chocolate e de máis lambetadas.

                Se queres ver as fotos desta conmemoración preme aquí.

 



page | by Dr. Radut