Escolares

FESTIVAL ENTROIDO

 

          Estimadas familias:

     Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 9 FESTIVAL de Entroido  do 2018 que este ano leva por título “Pippi Langstrump”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:10  abriranse as portas  para poder acceder   ao centro.

       Moitas grazas pola súa colaboración.

FESTIVAL XOVES 21

 

Estimadas familias:     

                                                 

     Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.

   Realizarémolo o xoves 21, e levará por título “MALASOMBRA”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:00 podedes entrar no centro.   

 

                                 Un saúdo                                Feliz Aninovo

MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso se o tempo non o impide, realizarémolo o mércores 8 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o martes 7 e o mércores 8

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.

MAIO 2017

                                                                              

O venres, día 12 de maio, ás 13:00 hs., sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas. 

Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.

Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta de 12:50 a 13:00. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase no patio do colexio.

Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.

 

. O mércores 10 e o xoves 11 serán os días nos que xa podedes traer o fiúncho e o resto de  materiais que normalmente usamos: algunha flor, pampillos (margaridas silvestres), ovos (baleiros e limpos e o máis enteiros posible), bugallos ou cocas (boliñas dos carballos), algún limón, algunha laranxa.

. Podedes facerlle na casa ao alumnado colares ou coroas de flores para o propio día do maio.

. O alumnado debe traer gorra, pantalón azul ou vaqueiro e camiseta branca.

. A poder ser traer tamén dous paus duns 2O cm. como máximo de longo para acompañar as coplas (isto só o alumnado de Primaria).

Moitas grazas pola vosa colaboración

FELICITACIÓN

O profesorado do CEIP MESTRES GOLDAR deséxavos unhas felices festas

 

 

 

TEATRO - A CASA DO AVÓ

O alumnado de 2º e 3º de Primaria asistimos a unha obra de teatro representada polo grupo Tanxarina  no  Verbum . Queremos compartir con todos vós a nosa experiencia. Pasamolo moi beennn...!! Preme  AQUI para ver fotos.

MAGOSTO

Hoxe, por fin parece que non chove, e podemos celebrar a tradicional festa do magosto. Faremos xogos populares relacionados con esta festa e degustaremos as castañas asadas. Como é habitual as familias estades convidades a partir da 13 h. Contamos convosco...! Como pòdemos ver estamos preparados.

Estes son algúns dos porta-castañas do noso alumnado.

                        

                    

Para ver fotos preme  AQUI    e 

LUZ E COR CON ANTÓN PULIDO

O alumnado de E. Infantil , 1º ,2º, e asistiron a unha exposición de un pintor galego en auxe. Antón Pulido.

O 24 DE OUTUBRO DIA DA BIBLIOTECA

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esperamos ansiosos esta festa que tanto nos deleita, e por fín..... chegou o día , tódolos nenos e nenas do cole fomos facerlle unha visitiña o noso amigo  MIK que este ano está acompañado por LUCIÑA , acabas de chegar e xa te queremos ben. O cole esta  precioso, decorado cos fermosos traballos,que fixemos entre todos . Grazas Familias por compartir con nós este proxecto.

A media maña asistimos a unha divertida representación teatral titulada "QUE TRABALLO TAN CURIOSO", promovida polo CSIC, na que participaron Luisa Martínez (científica do CSIC), acompañada dos actores Sonsoles Cordón e Carlos Godoy

                                      

Contacontos e linguaxe de signos

 O alumnado de E. Infantil e o de 1º ciclo de E. Primaria tiveron un achegamento á linguaxe de signos da man de Beatriz e Aránzazu.

 

Distribuir contido