A nosa benvida ao ceip Martagona!

Secretaría

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR

 

Como en anos anteriores, a Consellería abriu o prazo para que os diferentes sectores da Comunidade Educativa participen na enquisa de "Diagnose e Seguimento da Convivencia Escolar".

 

Podedes participar dende o día 12 ao 29 deste mes.

 

As familias terán que acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 

A continuación, deberán introducir a clave facilitada polo centro.

 

A participación será voluntaria e totalmente anónima.

 

Se precisades máis información, podedes acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

 

 

Animámosvos a participar, pois a vosa opinión é importante para a mellora da calidade educativa.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022 


Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Telemática: do 1 ao 20 de marzo (ambos os dous incluídos).
  • No Centro: do 1 ao 22 de marzo (ambos os dous incluídos).

 

ASPECTOS A TER EN CONTA PARA INICIAR O PROCESO:

  • Presentación da solicitude de admisión segundo o Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (código ED550B), que será facilitada polo Centro ou que poden descargar directamente da

         aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado.

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro onde solicite praza e ordenará, por orde de preferencia, os centros nos que solicita praza.
  • Os datos da solicitude deben ser os que constan nos documentos oficiais (escribir o nome tal e como aparece escrito no DNI, por exemplo).
  • O alumnado que xa está admitido no Centro, non terá que presentar a solicitude, xa que ten garantía a súa permanencia no mesmo.
  • O alumnado que queira trasladarse de centro, deberá presentar a solicitde de admisión no novo centro escolar e comunicalo no centro onde está cursando os estudos. Ademais, deberá solicitar na

         Secretaría un certificado de matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE
  • Orde do 18 de decembro de 2020.
  • Orde de 25 de xaneiro de 2017.
  • Orde de 12 de marzo de 2013.
  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2020/2021

Ábrese o prazo para a reserva de praza do alumnado que cambia de etapa educativa e pretende continuar os seus estudos no centro de adscrición (IES de Melide, no noso caso).

  • Deberá cumprimentar a Solicitude (Anexo I da Orde do 18 de decembro de 2020), e entregala no centro de orixe.
  • Tamén poderá efectuar a solicitude pola vía telemática (procedemento ED550A), seguindo a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

No caso de facelo pola vía telemática, deberá seguir a seguinte ruta:

SOLICITUDES>RESERVA DE PRAZAS>CREAR SOLICITUDE DE RESERVA

 

 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE
  • Orde do 18 de decembro de 2020.
  • Orde de 25 de xaneiro de 2017.
  • Orde de 12 de marzo de 2013.
  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro.

 

 

 

BO NADAL

Con este bonito mural elaborado por Marga, a profe de Relixión Católica, queremos desexarvos felices e saudables festas e un próspero ano novo.

 

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Como ben sabedes, a Consellería vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería, e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedementos ED330E). DOG nº 230, do venres 13 de novembro de 2020.

 

ALUMNADO DESTINATARIO:

  • Alumnado matriculado en Educación Primaria, no noso caso.
  1. O alumnado que recibiu axuda de material escolar no presente curso, NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
  2. O alumnado que non foi beneficiario de dita axuda, deberá cumprir con algunha das seguintes condicións para poder solicitala:
  • Que pertenza a unha familia cunha renda percápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Que estea matriculado en Educación Especial.
  • Que estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (do 14 ao 26 de novembro de 2020, ambos incluídos).

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Presentarase UNICAMENTE DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO.

 

PRIMEIRO ACCESO Á AULA VIRTUAL. CAMBIO DE CONTRASINAL

Tal e como recolle o noso protocolo de adaptación á situación COVID-19, creáronse para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria aulas virtuais que serán utilizadas no caso de ter que voltar ao ensino non presencial ou semi presencial.

Cada un dos alumnos destes grupos ten creado un usuario na mesma, que será facilitado ás familias e nenos nos próximos días. Con respecto aos contrasinais de cada unha das contas, o sistema crea, por defecto, a seguinte para todos os usuarios, que é changeme (cámbiame en Inglés).

Quere isto dicir que a primeira vez que accedamos co noso usuario deberemos, obrigatoriamente, cambiar o contrasinal mediante un sinxelo formulario.

Unha vez realizado este paso o contrasinal a utilizar será o definido polo usuario. Recoméndase apuntalo. Se algunha vez se esquecera, deberíase contactar co Centro para que o administrador da Aula Virtual procedera a restauralo.

Achégase, a continuación, un pequeno video titorial no que se explica este primeiro acceso e cambio de contrasinal.

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA DO NOSO CENTRO

Achégase o Plan de Continxencia do Ceip Martagona, no que se recollen, entre outros aspectos, as accións que se levarán a cabo no caso de confinamento total ou parcial, os horarios que se seguirán...

Powered by Drupal - Design by artinet