A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
A asociación para persoas con diversidade funcional; Amarai, foi a encargada de impartir no noso centro charlas contra o acoso e o bullying escolar, relacionado coa discapacidade. Premendo enriba da seguinte imaxe teredes acceso á galería fotográfica que a asociación publicou nas súas redes sociais.
Imaxe 1: Redes sociais de Amarai
Agradecemos a Amarai a súa presenza e, á ANPA do centro a organización de dita actividade.
O alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria organizou no último día lectivo o acto de graduación, como homenaxe ao cambio de etapa educativa.
Cos alumnos e alumnas de infantil seguiremos compartindo momentos, pero co alumnado de 6º de primaria (agora xa de 1º de ESO), despedímonos desexándolles a mellor das sortes no seu futuro académico e persoal.
Dende o centro estamos orgullosos e orgullosas da súa evolución e dicímoslle con certa morriña un “ata pronto”. As portas do voso colexio sempre estarán abertas para vós e as vosas familias (Podedes premer enriba da imaxe para ver as fotos grupais).
Aproveitamos para achegar as imaxes da actividade musical que tivemos ese mesmo día. Preme AQUÍ.
Como é habitual, o final de curso trae consigo as excursións que tanto desexa o alumnado, instantes nos que aproveitan para fomentar valores como a cohesión grupal e, dende logo, momentos que perdurarán no tempo.
Premendo enriba dos seguintes enlaces podedes ver a galería de imaxes das excursións de cada ciclo.
O 19 de maio celebrouse o CORREMELIDE, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Foi una xornada que tivo como finalizade a dinamización da lingua galega a través da práctica deportiva.
Achegamos a organización da xornada:
Ademais disto, o alumnado dos diferentes centros puido desfrutar de xogos populares e tradicionais.
Con motivo da celebración das Letras Galegas o concello organizou varias actividades para o alumnado dos diferentes cursos, e ademais, dende o centro realizouse unha xornada que axudou a acercar a cultura galega aos máis cativos.
Tivemos a sorte de contar coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), cos que puidemos desfrutar dunha xornada de xogos populares, na que, tanto o alumnado como o profesorado compartiron momentos de ocio favorecendo unha preciosa convivencia entre todos e todas. Recoñecemos a labor desta asociación que naceu coa finalidade de investigar e divulgar o patrimonio lúdico de Galicia. Agradecemos a colaboración da ANPA con esta actividade.
Podedes ver a galería de imaxes premendo enriba da seguinte imaxe:
Ademais disto, contamos co mago Dani, o cal nos fixo pasar un momento entretido e divertido.
Saída de 1⁰ de Educación Primaria pola vila de Melide, guiados por Cristina do museo da Terra de Melide. Percorremos o antigo trazado da muralla aprendendo moitas curiosidades, guiándonos por un plano, e visitando brevemente o propio museo.
A actividade encádrase dentro da unidade didáctica de ciencias sociais que tratou sobre paisaxe e entorno urbano, na que o alumnado aprendeu diferentes aspectos sobre as cidades, vilas e aldeas e, concretamente sobre Melide; o mercado e a feira, a gastronomía, os lugares de interese, as festas, entre outros.
Premendo enriba da imaxe podedes ver o álbum de fotos.
Tamén aproveitamos para achegar diferentes fotografías do alumnado de 5º e 6º na súa visita ao politécnico de Lugo (Premer enriba da imaxe).
A conmemoración da semana do libro é unha das máis populares debido ás diferentes visitas que temos no centro. O venres 21 de abril contamos coa presenza da mestra e escritora Mª Xosé Lamas.
O venres 28 de abril visitounos a escritora Ana Meilán.
O alumnado de 6º percorreu as aulas lendo unha carta dunha nena apadriñada pola ANPA.
Ademais disto, a biblioteca municipal “Xosé Vázquez Pintor” convidou ao alumnado de Educación Primaria a diferentes actividades.
DÍA MOI DOCE
O pasado 12 de abril, o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria achegouse ata a panadaría Tahona de Melide para realizar un obradoiro de repostaría: mesturaron ingredientes, cortaron masa, picaron améndoas, encheron máquinas coa masa, moldearon melindres, colocaron doces nas latas para ir ao forno... Foi unha maña de intensa actividade!!!
Aprenderon o proceso de elaboración de varios doces típicos de Melide como son os melindres, os amendoados e os ricos e, ademais, foron os verdadeiros partícipes destes produtos que, despois, degustaron na mesma panadaría.
Nestas imaxes, podedes ver a implicación do alumnado nas tarefas de preparación destas marabillas culinarias.
Agradecemos enormemente as explicacións de Patricia, Raquel e Naikari, o seu amable acollemento e os seus agasallos en forma de larpeiradas. Todo... rico, rico!
O alumnado de Educación Infantil desfrutaron na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor do contacontos Estafalaria da compañía Xarope Tulú.
Grazas a esta visita, os/as alumnos/as descubriron a importancia da diversidade como algo enriquecedor.
Achegamos a seguinte imaxe propiedade do Concello de Melide:
Todos os días deberían ser unha nova oportunidade para darlle visibilidade a conmemoracións tan relevantes como o Día Internacional da Muller (8M). Dende o centro realizáronse varias actividades para visualizar a importancia de fomentar unha sociedade con pensamentos sensatos e coherentes coa igualdade de oportunidades.
Durante a semana, unha parte do alumnado desfrutou da representación de "Iriña bailarina", unha obra que desde o humor propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. Amosamos a seguinte imaxe propiedade de “Turismo Melide”.
O mércores 8 de marzo o equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou unha xornada que consistiu en:
1) Breve presentación para dar a coñecer os motivos polos que se celebra esta conmemoración.
2) Escoitamos e cantamos a canción "Nais e avoas" da cantautora galega Pauliña.
3) Como acto simbólico, unha parella de cada aula colgou un mandil cun desexo relacionado con este día.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |