A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

ORGANIZACIÓN DO DÍA 10 E DO DÍA 11 DE SETEMBRO

Co obxectivo de evitar confusións e aglomeracións propias do primeiro día, a Consellería de Educación decidiu secuenciar o inicio do curso en dous días.

Alumnado, familias e profesorado debemos adquirir novos hábitos que implican cambios importantes no día a día do centro, o que sumado aos cambios de ciclo, mestre/a e aula, nos aconsellan organizar dun xeito especial estes dous primeiros días lectivos.

Para realizar unha correcta explicación sobre estes cambios e o desenvolvemento do noso Plan de Actuación fronte á COVID-19, así como para a recollida de diversos impresos, consideramos necesario manter unha pequena reunión coas familias, que terá lugar no exterior do centro e se celebrará baixo as seguintes normas de seguridade:

  • Un único asistente por alumno.
  • Respecto da distancia de seguridade interpersoal de 1.5 m.
  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Duración estimada de 30 min.

Polo tanto, acudiredes ao centro cos vosos fillos o día e á hora prevista na táboa que segue. Eles irán para as aulas, acompañados polo seu titor/a, mentres vós vos reuniredes co equipo COVID.

NIVEL

HORA

10/09/2020

4º infantil

12:50

5º infantil

12:00

1º primaria

10:25

2º primaria

09:35

3º primaria

08:45

11/09/2020

6º de infantil

12:00

4º primaria

10:25

5º primaria

09:35

6º primaria

09:00

 

O alumnado que se incorpore ao centro o día 10 (4º e 5º infantil, 1º, 2º e 3º de primaria) permanecerá no centro ata a hora habitual de saída. O día 11 acudirá no horario habitual.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet