A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

1.- Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos).

As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no noso Centro, deberán presentar o impreso de solicitude de admisión (Anexo II, Código ED550B), da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017), que poderán recoller no centro ou descargar da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

2.- O alumnado matriculado no noso Centro non ten que facer ningún trámite de reserva cara o vindeiro curso escolar, posto que ten garantida a súa permanencia.

 

3.- O alumnado que queira trasladarse de Centro deberá:

  • Presentar a solicitude de admisión no novo Centro no prazo citado anteriormente.
  • Solicitar na Secretaría un certificado de matrícula.

 

Se acuden ao Centro a realizar este ou outro trámite, prégase SEGUIR AS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS (distancia de seguridade, mascarilla, ...).

Powered by Drupal - Design by artinet