A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

COMUNICADO DO CENTRO ÁS FAMILIAS DE CARA AO TERCEIRO TRIMESTRE

O profesorado do CEIP MARTAGONA quere comunicar que:

  • Programaremos o terceiro trimestre e farémosvos chegar as directrices de traballo unha vez que recibamos instruccións pertinentes por parte da Consellería de Educación.
  • Pensade que o alumnado aínda dispón de diversas tarefas na Aula Virtual para desenvolver ao longo destes días.
  • Para levar a cabo as tarefas de programación debemos agardar a que se reúnan, o mércores 15 de abril de 2020, o Ministerio de Educación coas distintas Comunidades Autónomas para poder así abordar este terceiro trimestre seguindo unhas directrices determinadas dada a situación que se está a vivir por mor desta pandemia.

Agardamos a vosa comprensión e que todas e todos vos atopedes ben.

Ánimo.

O profesorado do CEIP MARTAGONA

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet