A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

MATERIAL DE REPASO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias.

Como sabedes, as autoridades educativas decidiron onte o peche dos centros docentes dende o luns, 16 de marzo, e durante 14 días, debido á presenza do virus COVID-19.

 

Aconsellamos que sigades as indicacións das autoridades sanitarias e informámosvos dos números onde podedes chamar en caso de emerxencia: 061 e 900400116.

 

PUBLÍCANSE, COMO ARQUIVOS ADXUNTOS, OS MATERIAIS QUE PREPARAMOS PARA CADA UN DOS CURSOS DA EDUCACIÓN PRIMARIA. PREGAMOS QUE SIGADES AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS AO RESPECTO:

- Primeiro e Segundo de Primaria descargarán un único caderno, con fichas para que traballen de xeito globalizado as Linguas e as Matemáticas. PODEN FACER UNHA OU DÚAS CADA DÍA.

- Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto descargarán os cadernos correspondentes ás áreas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas. PODEN FACER UNHA FICHA DE CADA ÁREA AO DÍA.

- Trátase de actividades de REPASO, que NON SERÁN OBXECTO DE AVALIACIÓN.

- Apoiade aos vosos fillos e fillas na resolución das tarefas.

- Se as nenas e nenos experimentan dificultades ou dúbidas, NON PASA NADA, xa se resolverán cando a situación se normalice.

- Complementade este traballo CON LECTURAS, OPERACIÓNS MATEMÁTICAS, XOGOS...

- Fomentade nos vosos fillos a colaboración nas tarefas do fogar.

 

Achegamos as tarefas a través da páxina web para evitar, na medida do posible, o contacto directo entre as persoas. Debedes, polo tanto, descargar o arquivo e imprimilo.

No caso de que non dispoñades de medios para acceder e imprimir estes materiais, podedes poñervos en contacto co centro.

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, podedes contactar coa Dirección do centro e co profesorado a través do teléfono  (881866149), ou a través do correo electrónico (ceip.martagona@edu.xunta.es)

 

TANTO A ATENCIÓN TELEFÓNICA COMO PRESENCIAL ESTARÁN CONDICIONADAS AO QUE DECRETEN AS AUTORIDADES NAS PRÓXIMAS DATAS.

 

Grazas pola colaboración.

Desexamos que esta situación se revirta á maior brevidade posible.

AdxuntoTamaño
material 1º.pdf4.24 MB
material 2º.pdf756.89 KB
material 3º lingua castelá.pdf2.43 MB
material 3º lingua galega.pdf3.08 MB
material 3º matemáticas.pdf1.25 MB
material 4º lingua castelá.pdf1.56 MB
material 4º lingua galega.pdf1.1 MB
material 4º matemáticas.pdf2.98 MB
material 5º lingua castelá.pdf3.41 MB
material 5º lingua galega.pdf3.53 MB
material 5º matemáticas.pdf1.9 MB
material 6º lingua castelá.pdf3.62 MB
material 6º lingua galega.pdf1.76 MB
material 6º matemáticas.pdf2.37 MB

Powered by Drupal - Design by artinet