A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS

AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) Diario Oficial de Galicia nº 218, do venres 12 de novembro de2021.

 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

1.    

O alumnado que recibiu  axuda de material escolar no curso 2021-22 nonten que presentar a solicitude

2.    

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 e que cumpra algunha das seguintes condicións ten que presentar a solicitude:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Será de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir,do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro, con cita previa.

Powered by Drupal - Design by artinet