A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

VOLTA AO COLE

 

Prezadas familias. Como ben sabedes, o próximo xoves, 9 de setembro, iniciamos o curso escolar. Xa vos comunicamos a organización dese primeiro día de clase.

Esperámosvos!!!

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021-2022 PARA OS TRES NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O RESTO DOS NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA UTILIZARÁN OS LIBROS DO FONDO DO CENTRO.

APERTURA DO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

INFORMAMOS DE QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO PARA O PRÓXIMO CURSO 2021/22.

 

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

Vense de publicar a Orde do 6 de maio de 2021 (DOG. nº 93 do xoves 20 de maio), que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

BENEFICIARIOS/AS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º da Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e en Educación Especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na Disposición Adicional I da nomeada Orde.

 

  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • O prazo permanecerá aberto ata o martes, 22 de xuño de 2021 (incluído).

 

  • Pódese facer:
  1. De xeito telemático, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  2. De xeito presencial, cubrindo a documentación que o alumnado levará dentro dun cartafol; unha vez cumprimentada será devolta ao Centro.

Se tedes algunha dúbida podedes contactar co Centro.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Infórmase de que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro obtivo praza. As familias deberán formalizar a matrícula entre o 2º e o 30 de xuño.

DÍA DO LIBRO 2021

Podedes ver, a continuación, unha montaxe con imaxes da celebración do Día do Libro no noso Centro:

 

 

 

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR

 

Como en anos anteriores, a Consellería abriu o prazo para que os diferentes sectores da Comunidade Educativa participen na enquisa de "Diagnose e Seguimento da Convivencia Escolar".

 

Podedes participar dende o día 12 ao 29 deste mes.

 

As familias terán que acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 

A continuación, deberán introducir a clave facilitada polo centro.

 

A participación será voluntaria e totalmente anónima.

 

Se precisades máis información, podedes acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

 

 

Animámosvos a participar, pois a vosa opinión é importante para a mellora da calidade educativa.

 

UNHA LETRA SIGNIFICATIVA

Celebramos este importante día, 8 de marzo, elaborando varios carteis para conmemorar e destacar o gran valor da muller na sociedade.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022 


Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Telemática: do 1 ao 20 de marzo (ambos os dous incluídos).
  • No Centro: do 1 ao 22 de marzo (ambos os dous incluídos).

 

ASPECTOS A TER EN CONTA PARA INICIAR O PROCESO:

  • Presentación da solicitude de admisión segundo o Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (código ED550B), que será facilitada polo Centro ou que poden descargar directamente da

         aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado.

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro onde solicite praza e ordenará, por orde de preferencia, os centros nos que solicita praza.
  • Os datos da solicitude deben ser os que constan nos documentos oficiais (escribir o nome tal e como aparece escrito no DNI, por exemplo).
  • O alumnado que xa está admitido no Centro, non terá que presentar a solicitude, xa que ten garantía a súa permanencia no mesmo.
  • O alumnado que queira trasladarse de centro, deberá presentar a solicitde de admisión no novo centro escolar e comunicalo no centro onde está cursando os estudos. Ademais, deberá solicitar na

         Secretaría un certificado de matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE
  • Orde do 18 de decembro de 2020.
  • Orde de 25 de xaneiro de 2017.
  • Orde de 12 de marzo de 2013.
  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro.

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do Día de Rosalía realizamos no centro esta orixinal caricatura da protagonista.

 

Se premedes na imaxe, podedes acceder a unha serie de recursos educativos nos que aprender algo máis acerca da autora.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet