A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

ANDAINA SOLIDARIA

O 22 de xuño, último día de clase, realizamos unha andaina solidaria pola contorna co obxectivo de recadar fondos a favor do pobo ucraíno.

O equipo docente do CEIP Martagona quere dar as GRAZAS á totalidade de familias, pois entre todos recadamos 446.08 euros, que serán transferidos á conta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

                                                 

APERTURA DO PRAZO ORDINARIO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Apertura do prazo ordinario para a formalización de matrícula, entre o 20 e o 30 de xuño.

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Na ORDE do 29 de abril de 2022 ( DOG nº 95 do mércores 18 de maio) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e EE.

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ( 19 de maio) e rematará o martes, día 22 de xuño de 2022.  

Pódese facer:

ATRÉVETE 2022

No día de onte, o alumnado de 5º e 6º visitou as instalacións do CIFP Politécnico de Lugo, co obxectivo de coñecer un pouco máis de cerca o lugar que ocupa a Formación Profesional no Sistema Educativo, visitar algúns obradoiros e participar nalgunha actividade organizada por docentes e estudantes do Centro.

 

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA TRADICIONAL

Co gallo do 30 Aniversario da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide, que se celebrará o próximo 7 e 8 de maio, o Concello invitounos a un doce obradoiro. As nenas e nenos de 6º de Primaria desprazáronse ata a panadería Tahona e colaboraron na elaboración dos famosos melindres, ricos e amendoados. As familias recibiron ligazón para poder visualizar as fotografías que se fixeron.

SAÍDA Á BIBLIOTECA

 

 

Ao longo da pasada semana, todo o alumnado visitou a Biblioteca Municipal de Melide para participar en diferentes actos organizados con gallo do Día do Libro (23 de abril).

As familias recibirán ligazón a un Drive para poder visualizar as imaxes.

Grazas á Biblioteca pola invitación!!!

DIA DA MULLER

 

 

 

Hoxe, día 8 de marzo, celebramos no noso Centro esta conmemoración que consideramos tan importante.

 

Colocouse unha imaxe grande do busto dunha muller recheo de moitas outras caras de muller. Ademais, quixemos destacar a presenza no mural doutro cartel adicado a Bertha von Suttner, primeira muller gañadora do premio nobel da Paz, xa que as mulleres e homes do CEIP Martagona queremos pronunciarnos abertamente a favor da paz e totalmente en contra da guerra, cousa que está pasando incriblemente en pleno século XXI.

Este ano quixémonos centrar nas mulleres deportistas e cada aula elaborou un cartel para homenaxear a unha delas. Logo, colocamos cada cartel nun taboleiro do corredor da planta baixa e o resultado foi o seguinte: 

 

 

Os traballos realizados polo alumnado e profesorado de cada aula foron estes:

 

 4º de Educación Infantil

 

 

 

5º de Educación Infantil

 

 

 

6º de Educación Infantil

 

 

 

1º de Educación Primaria

 

 

 

2º de Educación Primaria

 

 

 

3º de Educación Primaria

 

 

 

4º de Educación Primaria

 

 

 

5º de Educación Primaria

 

 

 

6º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

Ademais, o Centro contratou os servizos da asociación "O Pequeno Besbello", que organizou uns talleres por niveis, para o alumnado do Centro, e traballar o tema da muller.

Estes son algúns dos momentos dos obradoiros:

 

ED.INFANTIL

 

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

E este foi o remate dos obradoiros, un gran lazo morado cuberto coas mensaxes que nenas e nenos escribiron en prol da igualdade de xénero.

 

 

 

 

 

NORABOA A TODAS E TODOS!

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO Curso 2022-2023

 

ADMISIÓN ALUMNADO

CURSO 2022-2023

 


Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

  • Telemática: do 1 ao 21 de marzo (ambos os dous incluídos). (Por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia amplía 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio).

 

  • No Centro: do 1 ao 21 de marzo (ambos os dous incluídos).

 

 

ASPECTOS A TER EN CONTA PARA INICIAR O PROCESO:

 

  • Presentación da solicitude de admisión segundo o Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (código ED550B), que será facilitada polo Centro ou que poden descargar directamente da aplicación:
  • https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro onde solicite praza e ordenará, por orde de preferencia, os centros nos que solicita praza.

 

  • Os datos da solicitude deben ser os que constan nos documentos oficiais (escribir o nome tal e como aparece escrito no DNI, por exemplo).

 

  • O alumnado que xa está admitido no Centro, non terá que presentar a solicitude, xa que ten garantía a súa permanencia no mesmo.

 

  • O alumnado que queira trasladarse de centro, deberá presentar a solicitde de admisión no novo centro escolar e comunicalo no centro onde está cursando os estudos. Ademais, deberá solicitar na Secretaría un certificado de matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

o  Decreto 13/2022, de 13 de febreiro

o  Orde do 18 de decembro de 2020

o  Orde de 25 de xaneiro de 2017

o  Orde de 12 de marzo de 2013

 

 

 

 

25 de febreiro. FESTA RACHADA!!!

Se premedes na imaxe do Entroido poderedes visualizar o vídeo editado desta celebración.

 

 

MANDADOS DO MECO

 

LUNS

 


 

MARTES

 


 

MÉRCORES

 

 

XOVES

 

 

 

VENRES

 

DÍA DE PASARRÚAS!!!

 

O alumnado traerá toda a indumentaria que foi poñendo ao longo da semana e ese día completará o traxe cun par de accesorios que temos no colexio.

 

Se o tempo o permite, faremos un percorrido polas rúas de Melide ata a Praza do Convento. Alí, degustaremos algún produto típico destas datas.

 

 

BO ENTROIDO PARA TODOS!!!

 

 

30 de Xaneiro

Día da PAZ

 

Para a celebración desta conmemoración no noso Centro, realizáronse diferentes actividades: unidades didácticas nos diferentes niveis; papiroflexia, coa confección de pombas da Paz; murais; exposición de libros sobre a temática, na biblioteca; e un contacontos.

Aquí tedes algunhas fotos.

 

Decoración dos corredores

 

 

 

 

 

Contacontos Pedro Brandariz

 

Ed. Infantil

 

 

1º e 2º

 

 

3º e 4º

 

 

5º e 6º

Powered by Drupal - Design by artinet