A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Secretaría

Reserva de praza para o IES

 

Reserva de praza para o IES de Melide

 

 

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Martagona que durante o curso 2023-2024 desexe cursar 1º da ESO no IES de Melide, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentala na sede electrónica.

 



 

 

 

 

 

 

 

                         

 

 

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021-2022 PARA OS TRES NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O RESTO DOS NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA UTILIZARÁ OS LIBROS DO FONDO DO CENTRO.

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021-2022 PARA OS TRES NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O RESTO DOS NIVEIS UTILIZARÁN OS LIBROS DE FONDO EXISTENTES NO CENTRO.

 

PLAN DE CONTINXENCIA DO NOSO CENTRO

Achégase o Plan de Continxencia do Ceip Martagona, no que se recollen, entre outros aspectos, as accións que se levarán a cabo no caso de confinamento total ou parcial, os horarios que se seguirán...

ORGANIZACIÓN DO DÍA 10 E DO DÍA 11 DE SETEMBRO

Co obxectivo de evitar confusións e aglomeracións propias do primeiro día, a Consellería de Educación decidiu secuenciar o inicio do curso en dous días.

Alumnado, familias e profesorado debemos adquirir novos hábitos que implican cambios importantes no día a día do centro, o que sumado aos cambios de ciclo, mestre/a e aula, nos aconsellan organizar dun xeito especial estes dous primeiros días lectivos.

Para realizar unha correcta explicación sobre estes cambios e o desenvolvemento do noso Plan de Actuación fronte á COVID-19, así como para a recollida de diversos impresos, consideramos necesario manter unha pequena reunión coas familias, que terá lugar no exterior do centro e se celebrará baixo as seguintes normas de seguridade:

  • Un único asistente por alumno.
  • Respecto da distancia de seguridade interpersoal de 1.5 m.
  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Duración estimada de 30 min.

Polo tanto, acudiredes ao centro cos vosos fillos o día e á hora prevista na táboa que segue. Eles irán para as aulas, acompañados polo seu titor/a, mentres vós vos reuniredes co equipo COVID.

NIVEL

HORA

10/09/2020

4º infantil

12:50

5º infantil

12:00

1º primaria

10:25

2º primaria

09:35

3º primaria

08:45

11/09/2020

6º de infantil

12:00

4º primaria

10:25

5º primaria

09:35

6º primaria

09:00

 

O alumnado que se incorpore ao centro o día 10 (4º e 5º infantil, 1º, 2º e 3º de primaria) permanecerá no centro ata a hora habitual de saída. O día 11 acudirá no horario habitual.

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

 

Ola a todas e a todos!

Achegamos o noso PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 (PREMER AQUÍ PARA ACCEDER AO MESMO). Tamén achegamos unha serie de anexos que complementan o documento.

Queremos transmitirvos a maior tranquilidade posible, e asegurarvos que a "nova realidade" do noso centro cumpre rigorosamente coas disposicións establecidas recentemente nos protocolos sanitarios e educativos.

Moito ánimo, sorte e, sobre todo, saúde.

LISTAXES LIBROS DE TEXTO 2020/21

Achégase a listaxe de libros de texto para cada un dos cursos da Educación Infantil e da Educación Primaria.

PREMEDE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

1.- Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos).

As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no noso Centro, deberán presentar o impreso de solicitude de admisión (Anexo II, Código ED550B), da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017), que poderán recoller no centro ou descargar da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

INSTRUCCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020 PARA O DESENVOLVEMENTO DA 3ª AVALIACIÓN

No documento adxunto podedes consultar as instruccións relativas á terceira avalaliación que vén de publicar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Powered by Drupal - Design by artinet