A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

CURSO 2023-2024

CURSO 2023-2024

LIBROS DE TEXTO

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

preme no texto coloreado para acceder á relación de libros do vindeiro curso académico

Galardón "Selo Vida Saudable"

O alumnado do noso centro acaba de ser galardoado co distintivo de calidade de centros docentes "Selo Vida Saudable". Este é un premio nacional que outorga un recoñecemento público aos centros que fomentan a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a dinamización de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenrolo persoal e social ao largo da escolarización dos alumnos/as.

Dende o centro, gustaríanos que o ALUMNADO fose coñecedor de que o seu esforzo foi recompensado, agradecendo a participación de toda a comunidade educativa no citado proxecto educativo.

A validez da concesión do distintivo «SELLO VIDA SAUDABLE» a un centro docente estenderase con carácter indefinido sempre que por parte dos devanditos centros mantéñase o cumprimento das condicións e requisitos que deron lugar á súa concesión.

Como centro debemos asumir os seguintes compromisos:

  • Expoñer na súa sede e locais o distintivo concedido ao centro docente.
  • Utilizar o selo na documentación propia do centro docente, así como, no seu caso, nas súas relacións comerciais e publicitarias, atendendo ao cumprimento da normativa aplicable, en particular, en materia de publicidade. 

Actividade de Amarai

A asociación para persoas con diversidade funcional; Amarai, foi a encargada de impartir no noso centro charlas contra o acoso e o bullying escolar, relacionado coa discapacidade. Premendo enriba da seguinte imaxe teredes acceso á galería fotográfica que a asociación publicou nas súas redes sociais.

Imaxe 1: Redes sociais de Amarai

Agradecemos a Amarai a súa presenza e, á ANPA do centro a organización de dita actividade.

 

Graduación

O alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria organizou no último día lectivo o acto de graduación, como homenaxe ao cambio de etapa educativa.

Cos alumnos e alumnas de infantil seguiremos compartindo momentos, pero co alumnado de 6º de primaria (agora xa de 1º de ESO), despedímonos desexándolles a mellor das sortes no seu futuro académico e persoal. 

Dende o centro estamos orgullosos e orgullosas da súa evolución e dicímoslle con certa morriña un “ata pronto”. As portas do voso colexio sempre estarán abertas para vós e as vosas familias (Podedes premer enriba da imaxe para ver as fotos grupais).

Aproveitamos para achegar as imaxes da actividade musical que tivemos ese mesmo día. Preme AQUÍ.

 

Mes saudable

Dende o centro tratamos de fomentar a práctica de actividade física dentro duns parámetros educativos, polo que este mes de xuño levamos a cabo noso “mes saudable”.

Para iso, as actividades propostas foron as seguintes:

  • Xornada de convivencia en Sobrado entre o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal e o noso centro. Pódese consultar a información premendo AQUÍ enriba.
  • Ligas internas entre o alumnado de primaria, intentando aportar estratexias deportivas durante os recreos. Premendo enriba da imaxe terás acceso a galería de imaxes.

  • Xornada de inchables: o alumnado do centro desfrutou dunha xornada lúdica no polideportivo municipal. Organizouse a actividade en dúas quendas: 10 – 11:30 h (Educación Infantil, 1º e 2º); 11:30 – 13:00 h (3º, 4º, 5º e 6º). Premendo enriba da imaxe terás acceso a galería de imaxes.

  • Break Out Educativo: o alumnado de primaria tivo unha sesión de Educación Física ambientada nun núcleo temático.

 

Excursións

Como é habitual, o final de curso trae consigo as excursións que tanto desexa o alumnado, instantes nos que aproveitan para fomentar valores como a cohesión grupal e, dende logo, momentos que perdurarán no tempo.

Premendo enriba dos seguintes enlaces podedes ver a galería de imaxes das excursións de cada ciclo.

Galería Educación Infantil

Galería 1º-2º

Galería 3º-4º

Galería 5º-6º

 

Convivencia en Sobrado

Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutou da xornada de convivencia en Sobrado; entre o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal e o noso centro, sendo o principal obxectivo o fomento da práctica de actividade física.

O alumnado saíu ás 09:45 dende o noso centro, para que a xornada puidera comezar ás 10:30 h, tal e como estaba previsto. Unha vez alí, a xornada organizouse en dúas partes na que o alumnado se dividiu en 14 equipos mixtos. Por un lado, unha zona de deportes colectivos e alternativos (tchoukball, pickleball, floorball e netball), onde cada centro era experto en dous deses deportes, explicándolle ao resto dos compañeiros/as o regulamento principal.

Por outro lado, tiveron que unha serie de retos deportivos onde puxeron en funcionamento as súas habilidades deportivas, tentando superalos para descifrar un contrasinal que lles daría acceso a unha recompensa deliciosa.

Premendo enriba da seguinte imaxe poderás consultar a galería de fotografías da xornada.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

Na ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG nº 94 do venres 19 de maio) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e EE.

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.  

Pódese facer:

  • De xeito telemático: Enlace á Web (Modelo ED330B. Anexos I e II)

  • De xeito presencial: No horario de Atención ao Público do Equipo Directivo, exposto tanto no taboleiro de anuncios do Centro como na Web.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Anexo I (solicitude)

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, tamén se achegará a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución do/da menor.

Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración.

Certificado de convivencia/volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida a familia, no caso de que o pai/nai/titor/a legal carezan de DNI e/ou NIE.

CORREMELIDE

O 19 de maio celebrouse o CORREMELIDE, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Foi una xornada que tivo como finalizade a dinamización da lingua galega a través da práctica deportiva

Achegamos a organización da xornada:

Ademais disto, o alumnado dos diferentes centros puido desfrutar de xogos populares e tradicionais.

 

Powered by Drupal - Design by artinet