Skip to Content

LISTAXE LIBROS CURSO 2024-2025

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe de libros de Educación Primaria do vindeiro curso 2024-2025.

LISTAXE MATERIAL 2024 - 2025

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe do material para Educación Infantil e Educación Primaria do vindeiro curso 2024-2025.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

 

No DOG do luns 20 de maio de publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.
A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00h e de 12:00 a 13:30h e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
Prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso 2023-2024: 21 de xuño de 2024.
Presentación de solicitudes: dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. MEC 2024-2025

Aberto o prazo para solicitar axudas para o alumando con necesidades específicas de apoio educativo.

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

Podedes consultar toda a información referida a este proceso premendo na imaxe de abaixo:

 

LISTAXES PROVISIONAIS. ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

 

Publicadas as listaxes de admitidos e non admitidos que poderán consultar no taboleiro do centro ou na aplicación Admisión Alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)  usando a Chave365. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles.

As listaxes definitivas publicaranse o 15 de maio.

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño.

BOLSAS COMEDOR 2024 - 2025

 Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

 Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar:

         - na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

         - na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

         - no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024 - 2025

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2024-2025, será do 1 ao 20 de marzo ambos os dous incluídos. Nas seguintes ligazóns dispoñedes de información sobre o procedemento:
 
Información e vacantes

Impreso de solicitude (galego)

Impreso de solicitude (castelán)

Resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022

Criterio complementario

Mapas de influencia

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

As xornadas de portas abertas terán lugar o vindeiro luns 19 e  luns 26 de febreiro en dúas quendas, ás 17:00h e ás 18:00h. É preciso facer reserva de  data e horario da visita na administración do centro, chamando ao teléfono 981 292 235  ext.:100

 

 

Para que poidades coñercernos un pouquiño mellor deixamos aquí este video que elaboramos hai un tempo no que amosamos os diferentes espazos e instalacións. Se tedes calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono e enderezo electrónico do noso centro. Agardamos que vos guste!!

 

 

Tamén deixamos aquí un tríptico de BENVIDA ao noso centro!!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut