Skip to Content

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2021-2022

Segundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2021-2022 estará aberto ENTRE O 5 DE MARIO E O 25 DE MAIO, AMBOS INCLUSIVE.

NON SE ADMITIRÁN NOVAS SOLICITUDES FÓRA DESTE PRAZO.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden ENTREGARSE A CADA TITOR OU TITORA ou directamente na secretaría do centro (baixo previa cita).

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumnado non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun/dunha usuario/a lexítimo/a.

As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

LEMBRAMOS QUE O NON USO DO TRANSPORTE DE XEITO CONTINUADO PODE IMPLICAR A PERDA DA CONDICIÓN DE USUARIO/A.

Tamén poderán recoller o impreso de solicitude na conserxería do centro, na secretaría ou descargalo na páxina web do colexio.

As listaxes provisionais de alumnado admitido e excluido no servizo de transporte publicaranse no mes de setembro.

O alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 2021-2022 poderá solicitar transporte no momento de formalización da matrícula do 20 o 30 de xuño.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021 - 2022

Hoxe, mércores 21 de abril, procedemos á publicación das LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2021-2022. 

Estas listaxes poden consultarse no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE 365 ou certificado dixital. Seguindo instrucións da Xefatura Territorial estas listaxes non poder ser publicadas na páxina web do centro.

O prazo de reclamacións ás listaxes será de 5 hábiles, é dicir, ata o 28 de abril solicitando previa cita no teléfono do centro (981 292 235).

Solicitudes non admitidas: as presentadas para 1º de Educación Primaria por non existir vacante.

Solicitudes admitidas: as presentadas para o resto de niveis (4º de Educación Infantil,  5º de Educación Infantil, 3º de Educación Primaria e 5º de Educación Primaria)

Solicitudes fóra de prazo: pendente de resolución.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao centro vía telefónica.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021 - 2022

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2021-2022, será do 1 ao 22 de marzo ambos incluídos (o día 19  é un día non lectivo polo que a secretaría do centro permanecerá pechada). A atención ao público será baixo previa cita chamando ao teléfono do centro (Tlfno:981 292 235).

  
 
 

BOLSAS COMEDOR 2021-2022

O pasado martes 30 de marzo de 2021 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas de comedor 2021/2022. As solicitudes poderán presentarse entre o día 5 e 30 de abril, ambos incluidos. Premede na imaxe para acceder a información completa da convocatoria: 

 

RESOLUCIÓN RESERVA PRAZA IES OTERO PEDRAYO. CURSO 2021-2022

Prezadas familias,

De acordo co artigo 11 da Orde do 12 de marzo, o IES Ramón Otero Pedrayo comunica que os postos escolares para o curso 2021-2022 son suficientes para atender todas as solicitudes de reserva do alumnado do CEIP María Pita. Isto quere dicir que todas as familias que presentaron solicitude de reserva de praza no citado instituto teñen garantizada a reserva de praza.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no IES Ramón Otero Pedrayo nos prazos establecidos que se deberán consultar no citado centro.

Lembramos, a presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) desta orde para os efectos de perda da prioridade.

O Equipo Directivo

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Para que poidades coñercernos un pouquiño mellor elaboramos este vídeo no que amosamos os diferentes espazos e instalacións. Se tedes calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono e enderezo electrónico do noso centro. Agardamos que vos guste!!

 
 

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Debido a situación sanitaria que estamos a vivir e as restricións actuais, as Xornadas de Portas Abertas para o vindeiro curso escolar terán lugar de forma virtual.

Ao longo do mes de febreiro publicaremos na nosa web un video no que poderedes coñecer as instalacións do noso centro, xa que a visita física non resulta aconsellable este ano.

Para calquera dúbida ou consulta organizamos dúas sesións virtuais que terán lugar por medio da plataforma Cisco Webex os días 08 e 22 de febreiro. As familias que desexen participar nestas sesións deberán chamar ao teléfono do centro en horario de 10:00 a 13:00h (981 292 235  Ext.:1), recibindo posteriormente as instrucións para a conexión vía correo electrónico. Agardamos resolver todas as vosas dúbidas e inquedanzas.

Quedamos a vosa disposición.

O Equipo Directivo

 

NOVO ESCENARIO SOCIOSANITARIO

Prezadas familias,

Como xa sabedes estamos ante unha nova situación sociosanitaria, con medidas máis restritivas que abranguen ata o 17 de febreiro. É por iso necesario que, toda a comunidade educativa do CEIP María Pita, faga un esforzo no cumprimento das normas e protocolos establecidos no centro dende o principio do curso, para que o espazo do alumnado continue a ser un espazo seguro e controlado. 

Moitísimas grazas pola vosa coloboración e moito ánimo a todos/as ante esta situación que estamos a vivir.

O Equipo Directivo

ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS!!!

Unha vez máis a comunidade educativa do CEIP María Pita demostrou a súa solidariedade cos máis desfavorecidos/as mediante a gran cantidade de alimentos recollidos na campaña que se desenvolveu en decembro.

Moitísimas grazas pola vosa marabillosa colaboración!!!!

Continuaremos a colabarar activamente co Banco de Alimentos Rías Altas e coa AAVV Elviña 2 Fases que agradeceu enormemente os máis de 570 quilos de alimentos recollidos!!

 
 
 
 
 
 

RESERVA PRAZA IES OTERO PEDRAYO 2021-2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B). 

Consultar a información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849 

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut