Skip to Content

Dúas illas mil historias

CORA VIAXA NO TEMPO A TRAVÉS DOS NOSOS VERSOS

POEMA VIAXEIRO

                               Dende a biblioteca temos unha proposta fantástica para o día da poesía, a Cora encántalle ler poesía, é unha das súas afeccións favoritas.

E quere xogar con nós a un xogo para ver o creativos/as que podemos chegar a ser. Deixou na biblioteca este escrito para todas e todos nós.

Ola de novo nenas e nenos:

Aquí na biblioteca teño tanto tempo para ler e pensar que quero compartillar con vós esta actividade que podemos facer para o día da poesía, o vindeiro 21 de marzo.

Imos compor un poema viaxeiro, cada curso escribirá unha estrofa de catro versos ou un pareado e unha vez rematado exporémolo na nosa biblioteca.

A primeira estrofa vouna escribir eu, Cora, a ver que vos parece.

Como estamos inmersos no proxecto de Centro e estamos coñecendo ao pirata Francis Drake, que navegou pola nosa ría alá polo século XVI.

Ao igual que el imos viaxar. Pero nós farémolo a través do poema que imos escribir entre todos e todas.

Escomenzo coa miña estrofa e logo tócavos a vós. Ánimo e a facer voar o maxín, lembrade que é unha actividade colectiva.

 PUBLICAREMOS AQUÍ O POEMA ESCRITO POR TODOS E TODAS NÓS

Xa temos o 

POEMA VIAXEIRO

 "UN PASEO POLA HISTORIA"

Aquí tendes xa a composición colectiva que resultou da proposta de Cora con motivo do Día da Poesía: Unha viaxe a través do tempo cunha linguaxe poética froito da imaxinación e creatividade de todo o alumnado do noso centro.

 

A Cora encantoulle! Que vos parece a vós?

Podedes lelo picando na imaxe:

 

 

8 DE MARZO. AS MULLERES A TRAVÉS DA HISTORIA

 

Chegou o 8 de marzo, día da muller, e este ano seguindo co Proxecto de Centro imos coñecer o importante papel desempeñado polas mulleres ao longo da historia.

Realizamos un traballo interniveis de Infantil a 6º de E. Primaria, cada aula investigou unha parte da evolución das mulleres ao longo da historia, unnha vez recabada a información, seleccionámola e preparamos un fermoso dossier para a nosa biblioteca e para as aulas. E realizamos un mural con todas estas mulleres que fixeron tanto por todas nós. Agora toca ler:

 

“AS MULLERES A TRAVÉS DA HISTORIA”

 

E SOBRE UN LENZO BRANCO GRAVAMOS A NOSA HISTORIA

Sobre un lenzo branco e cunha máquina do tempo

Ilustramos a “NOSA HISTORIA”

NOVAS DE CORA

CARTA DE CORA

Benqueridas nenas e nenos:

Deixeivos nas vosas aulas unha nova carta para pór en marcha a vindeira tarefa de investigación. Ledeas con moita atención e traballade moi seriamente nesta encomenda.

Aquí vos deixo as cartiñas tamén por se precisades lelas.

Mil apertas cheas de coñecemento e amor.

Desexando que sexades FELICES.

O ENTROIDO NA LIÑA DO TEMPO

HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NO

MANUEL PADÍN TRUITEIRO

Este ano disfrazámonos toda a escola seguindo a liña do tempo que estamos a traballar no noso Proxecto de Centro.

1º Ciclo “A prehistoria”

4ºE.P. “Castrexos”

3º E.P. “Romanos”

5º E.P. “Idade Media”

6º E.P. “Idade Moderna”

E as estrelas da escola, as nenas e nenos de Educación Infantil:

 

"Os terribles Corsarios da Ría de Vigo"

 

Pasámolo xenial, foi un día 10. Grazas a todas e todos!

A IDADE ANTIGA, IDADE MEDIA, IDADE MODERNA E CONTEMPORÁNEA

"VOLVER SOBRE OS NOSOS PASOS BUSCANDO A ORIXE E OBSERVAR A EVOLUCIÓN DA NOSA SOCIEDADE, RESULTA UNHA VIAXE ENRIQUECEDORA PARA ENTENDER MELLOR O PRESENTE"

Subide á nosa máquina do tempo que escomenzamos a viaxe, poñemos rumbo á:

A PREHISTORIA NO NOSO ENTORNO MÁIS PRÓXIMO

A PREHISTORIA NO NOSO ENTORNO

Como vos investigadores/as viaxaremos no tempo ata hai máis de 4000000 de anos para coñecer como vivían os primeiros humanos da Enseada de San Simón. 

Coñeceremos todas as pegadas que deixaron no noso entorno: arte, lingua, restos arqueolóxicos, etc.


COÑECEMOS A FRANCIS DRAKE

FRANCIS DRAKE, CORSARIO OU PIRATA?

A historia sempre ten dúas versión e con Francis Drake non podía ser menos. Pirata sen escrúpulos para as autoridades españolas xa que non deixaba de asaltar as neves españolas que viñan de América cargadas de tesouros. Para os ingleses foi un héroe e corsario valente.

Foi o 1º navegante inglés que circunnavegou o globo, tivo un papel decisivo na derrota da Armada Invencible.

A raiña Isabel I suministráballe barcos e cartos, foi un xenio militar nunha época de grandes navegantes.

Se queres saber cantas veces estivo na Ría de Vigo e o que aquí fixo pica na imaxe e descubre unha historia apaixoante!

CORA CONVIDA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

Chegou a hora do conto!

As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para todas e todos vós, un conto cheíño de piratas e corsarios, dependendo do lado da historia que o contemples.

Os pequenos e pequenas gozaron moito con el e aquí vos deixamos unha pequena mostra da sesión de contacontos.

 

 

Tamén vos deixamos o conto para que poidades lelo, escoitalo e imaxinar a nosa Ría cando Drake navegaba nela, deixade voar o voso maxín...

 E como non en pictos

VIAXAMOS NA MÁQUINA DO TEMPO

 PICA NA IMAXE PARA PODER VER A PRESENTACIÓN FEITA POLAS NENAS E POLOS NENOS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut