Skip to Content

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

 

 DATOS DO CENTRO        HORARIO DA NOSA ESCOLA

            PLAN MADRUGA dende as 7 da mañá

           XORNADA ESCOLAR de 09:15 a 14:15 

           COMEDOR ESCOLAR de 14:15 a 16:00

             ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA de 16:00 a 18:00  

                                     

                                                                 

E CHEGA O SAMAÍN!

E CHEGA O SAMAÍN!

Achégase a noite do 31 de outubro, e dentro da tradición máis enraizada da nosa terra atopamos

“O SAMAÍN””

O Samaín foi o orixen de todo, significa “fin do verán”, pois os antigos celtas celebraban nese momento a transición ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, nestas datas cóntase que é maís fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín marcaba a chegada do Ano Novo que se dividía en dúas partes: unha oscura e outra clara.

Algunhas persoas cubríanse con peles de animais e máscaras, para despistar aos espíritus, e isto dá lugar ao costume que temos hoxe de disfrazarnos.

A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas e non hai que esquecer que as poboacións celtas collían as caveiras dos mortos nas batallas e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros, de aí o costume das cabazas.

 

CARREIRA SOLIDARIA. UN ENTRE CEN MIL

“A VOLTA AO COLE”

UN ENTRE CEN MIL

CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Máis de 1000 escolas corremos contra a leucemia infantil, e nós fomos unha desas escolas.

Cada curso escolar participamos nalgunha campaña solidaria, este ano xurdiunos a oportunidade de participar nesta campaña.

Explicamos nas aulas o por que? E o para que? Traballamos valores como a empatía, a solidariedade, o respecto cara aos demais, etc.

Colaborou toda a Comunidade Educativa na recollida de donativos.

Foi todo un éxito. A recadacción foi de 1316,74 euros.

Grazas a todas e a todos por colaborar!

Deixámosvos as fotografías e videos da carreira, puidemos axudar e á vez pásalo moi ben. Picade na imaxe para poder ver o ben que o pasamos.

PROGRAMACIÓNS 2023-2024 E CONCRECIÓN CURRICULAR