Skip to Content

blogue deadmin

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

 

 A NOSA ESCOLA É O CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

    SE QUERES COÑECERNOS PICA NA IMAXE.

MENÚ COMEDOR

PREME NO MENÚ QUE DESEXES VER:

PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Benqueridas familias:

Queda exposta no taboleiro da escola a listaxe dos alumnos e alumnas que foron admitidos no comedor escolar para este curso 2024-2025.

Un saúdo afectuoso para todos e todas dende a nosa escola.

PARA SABER MÁIS

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBRO 2024 - 2025

Benqueridas familias:

Finalizado o prazo de reclamación, faise pública no día de hoxe, a listaxe definitiva de fondo libro e de axudas de material escolar.

Pode consultarse no taboleiro do centro, ata o 12 de xullo, ou a través da chave 365 ou certificado dixital, na web:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

 Os cheques poderán recollerse a partir do 1 de setembro, na escola.

A partir do 15 de xullo centro permanecerá pechado ao público.

Un saúdo dende a nosa escola e feliz verán para todas e todos.

 

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Ao longo do presente curso 2023/2024, participamos no Programa de Mobilidade sostible e segura do Plan Proxecta 2023/24.

Este programa promove a mobilidade segura e sostible nós desenvolvémolo co alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria. Desenvolvemos un proxecto relacionado cos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. Propuxemos a incorporación de accións, actividades, talleres... que de maneira práctica, contribúan á creación destes novos hábitos, e á creación de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBRO 2024 - 2025

Benqueridas familias:

A partir do 26 de xuño podedes consultar as listaxes provisionais de persoas beneficiairas do fondo libro.

De acordo coa ORDE do 7 de maio de 2024  (DOG do 20 de maio) polo que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e vales de material, dita listaxe publicaráse exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Asi mesmo as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica  ao seu expediente a través da aplicación FondoLibro empregando  a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Polo tanto, pola normativa de protección de datos, a parte da consulta por chave 365 ou certificado dixital, a secretaría do centro non pode facilitar a información doutro xeito que non sexa a consulta presencial no interior do edificio en horario de 09.30 a 13,00 de luns a venres.

 Contra o establecido na listaxe provisional as persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación das mesmas.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS: ONDE SOLICITAR A CHAVE 365

As familias que desexen solicitalo de forma presencial teñen que dirixirse a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave 365. Aqui podedes consultar esa relación. En Arcade pode solicitarse no centro de saúde de Arcade.

Debe acudir a persoa interesada e acreditar a súa identidade mostrando o seu NIF. Os cidadáns comunitarios que non teñan tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Poden consultar, se o desexan, toda a información relativa á Chave 365 nesta dirección: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

XORNAL ESCOLAR 2023-24

Sae un novo número de “LATEXOS de NEGUEIRÓS” a nosa revista da escola,

gozade da súa lectura e dos traballos das nosas nenas e nenos.

Distribuir contido


by Dr. Radut