Skip to Content

6º Curso

VISITA AO IES DE SOUTOMAIOR

O xoves 9 de xuño o alumnado de 6º foi coñecer o IES de Soutomaior, xa que o vindeiro curso comenzarán alí a súa andaina nunha nova etapa.

Ían nervosos e ilusionados e con ese medo que temos cando escomenzamos algo novo.

Con moita pena de deixar “O Padín”, como din elas e eles, a súa escola dende hai 9 anos para moitos deles.

 

A nós tamén nos dá pena deixalos marchar pero toca e de seguro que no IES de Soutomaior van coidar moi ben das nosas nenas e nenos.

Neste video podedes ver a vosa chegada hai xa 9 anos. Que rápido medrastes!

 

 

O MANUEL PADÍN TRUITEIRO SEMPRE SERÁ A VOSA ESCOLA.

 

GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ESCOLLERNOS.

 

O NOSO CLUB DE LECTURA.

 

 

CLUB DE LECTURA

 

 

Este curso escomenzou na nosa escola a súa andaina o “CLUB DE LECTURA” organizado dende a Biblioteca Escolar.

Foi una experiencia fantástica, encantoume compartillar coas miñas compañeiras e compañeiros a experiencia da lectura e a posta en común de cada capítulo, onde espuxemos os nosos puntos de vista e as nosas opinións.

Esta experiencia servíunos para aprender que pensamos diferente e que una mesma lectura pode abrirnos diferentes visións, cada quen viaxa no libro como máis lle gusta.

O 1º libro que lemos foi “Avións de papel” de Xabier Estévez.  Ilustrado por Marcos Viso.

Xabier Estévez víu ao cole a contarnos a súa experiencia como escritor, o que lle inspirou a escribir este libro tan emotivo, ademais de contarnos anécdotas moi fermosas das súas vivencias de neno.

                    

Ao finalizar a charla fixémoslle una entrevista para a nosa canle de TV, podedes vela na nosa web, non ten desperdicio, podedes vela no seguinte enlace. Picade na imaxe.

Xa no 2º trimestre lemos poesía, un libro de Fran Alonso “Cidades” ao seu remate fixemos os nosos propios poemas e caligramas, quedáronnos moi chulos.

 

            

Lemos tamén banda deseñada e para rematar o curso lemos un libro de misterio que nos encantou a todas e todos:

“SherlocK Holmes, un estudo en escarlata”

É un libro cheo de intriga pero á vez divertido, non queres parar de ler, a nosa opinión foi unánime en canto a este libro: encantounos!

 

Como recomendación todas e todos as nenas e nenos que participamos do club de lectura recomendámosvos que o vindeiro curso voa anotedes, merece a pena, é una experiencia xenial e moi enriquecedora, xa que podes aprender de todas e todos os que participamos e tamén poden aprender de ti mesmo.

A organización do club de lectura estivo moi ben, este curso só participamos os alumnos/as de 6º durante os recreos dos luns e dos xoves, grazas ao traballo voluntario das nosas mestras.

 

NON DEIXEDES DE APUNTARVOS PARA O VINDEIRO CURSO!

 

 

 

PLAN PROXECTA: "O MONTE VIVO, PINTAMOS DE CORES OS NOSOS MONTES"

Este curso decidimos formar parte do Plan Proxecta en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Na nosa escola levamos dende o ano 2006 traballando en favor dun MONTE VIVO, tentamos pintar os montes de cores realizando plantacións de árbores autóctonas nos montes comunais en colaboración coas entidades e co concello.

Este curso imos facelo a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Pica na imaxe para coñecer o inicio do proxecto.

 

 

13 ANOS DEIXANDO UNHA PEGADA VERDE NOS NOSOS MONTES

  MúSICA: "O privilexio é soñar" de Guadi Galego

Un ano más, e xa van trece, a nosa escola leva a cabo a plantación de árbores nos nosos montes grazas a imprescindible colaboración da Asociación de Montes de Arcade de Arriba, o Concello de Soutomaior e Monte Vivo. Esta interesantísima actividade, na que participou o alumnado de 6º curso a iniciativa do mestre Quico e coa inestimable colaboración de Luís do Concello, que sempre está para o que necesitemos, ten como obxectivo a concienciación ecolóxica nos escolares e o coidado e posta en valor do noso patrimonio natural.

Foi unha xornada na que da man dos axentes forestais de Monte Vivo, os nenos e nenas puideron observar o desastre natural que provocan os incendios e a importancia de coidar os nosos bosques . Tivo lugar un simulacro de incendio onde puideron ver a actuación das brigadas e practicaron co batelumes e ca mangueira.

Dámoslle as grazas, un ano máis, a Asociación de Montes de Arcade de Arriba , ao Concello de Soutomaior, a Luis do Concello e aos axentes forestais José Antonio, Norberto e Ricardo por transmitirnos ilusión, amor e respecto pola natureza.

  MMMMM

VISITAS AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

 Empezamos as visitas didácticas ao Castelo de Soutomaior. Durante este curso todo o alumnado visitará este espazo museístico que amosa, de maneira entretida e didáctica, información da súa historia e dos personaxes ilustres que o habitaron.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

CHARLA "MONTE VIVO" PARA ALUMNADO DE 6º CURSO

 

O alumnado de 5º e 6º recibiu, un ano máis  unha charla do programa de divulgación educativa"O Monte Vivo"  para a valorización do noso monte e a prevención e defensa dos incendios forestais.

Un ano máis vaia o noso agradecemento aos grandes profesionais deste sector medioambiental por transmitirlle aos cativos esa paixón e por impulsar unha participación activa e responsable na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e dar a coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte, fomentando así o respecto pola natureza

SAÍDA DE 6º CURSO AO"MUIÑO DE MAREAS DA SECA" EN CAMBADOS

O alumnado de 6º curso visitou o "Muiño de Mareas da Seca" en Cambados. Data do século XVI e pertenecía ao Pazo de Fefiñáns. Este tipo de muiños aproveitaban as mareas para mover os rodicios cando iba baixando a marea e asi moer o gran tan necesario nesa época.

VER VÍDEO

ALUMNADO DE 6º VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

Dentro do programa "Coñece as túas institucións" o alumnado de  6º curso visitou o Parlamento de Galicia co obxectivo de familiarizarse cas competencias, historia e funcionamento das institucións autonómicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut