Skip to Content

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

 

 A NOSA ESCOLA É O CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

    SE QUERES COÑECERNOS PICA NA IMAXE.

ACTUACIÓNS FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

Chegaron as LETRAS GALEGAS 2024 e un ano máis dende a escola preparamos as nosas actuacións coas nosas mestras e meestres para festexar este día tan importante da nos aterra e da nosa cultura.

Aínda que moitos xa viñestedes á escola a vernos imos deixalas aquí para todos e todas aqueles/as que queiran gozar delas.

VIVAN AS NOSAS LETRAS, TODOS OS DÍAS DO ANO!

Na I parte poderedes ver a Infantil e 1º ciclo de primaria, na II parte o 2º ciclo e na III parte o 3º ciclo

 

 

ENTREVISTAMOS A ...

Bo día a todas e todos! Hoxe rematan as súas prácticas na nosa escola Talía e Alex, foi un pracer tervos con nós, desexamos que a experiencia fose moi positiva e que gozarades tanto como gozamos nós da nosa escola.

Desexarvos o mellor sempre.

Se picades na imaxe poderedes ver o programa de televisión coa entrevista completa. Desfrutade dela!

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS CURSO 2024/2025

 

 

 DENDE O 30 DE ABRIL E ATA O 13 DE SETEMBRO DE 2024, QUEDA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%)

PODES CONSULTAR NOS SEGUINTES ENDEREZOS:

BECAS INFORMACIÓN XERAL: 

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html 

ACCESO Á PETICIÓN

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

"XEADERÍA A CAMELIA" UNHA APOSTA POLA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN

Este ano a nosa proposta para o certame da camelia do Concello de Soutomaior e a presentación da nosa:

“Xeadería A Camelia” unha xeadería que aposta pola diversidade, pola igualdade e pola inclusión real de todas e todos, mascarón de proa da nosa escola.

GRAZAS! Con maiúsculas a todas as familias que nos axudastes aportando as vosas camelias todas diversas, todas diferentes, todas iguais.

COLABORAMOS CO COMERCIO LOCAL!

POR UN SOUTOMAIOR INCLUSIVO!

Pensamos que a inclusión ten que ir máis alá da escola, onde a procuramos cada día. Despois de traballar nas aulas co alumnado de 6º que poderiamos facer para que o noso concello fose máis inclusivo decidimos investigar na rede que campañas había noutros lugares de Galicia e España para acadar unha inclusión máis real e efectiva.

Acordamos facer unha campaña parecida á que fixo en Rota a asociación “Aula TGD”

Como dende a asociación transmiten a accesibilidade cognitiva debe prestar información para que poida ser entendida por calquer persoa.

Polo que escomenzamos esta campaña para ir eliminando barreiras, pedímoslle colaboración ao comercio local cunha resposta moi positiva e con moitas ganas de participar ao igual que dende o Concello de Soutomaior.

Escomenzaremos polos comercios para ir logo acercándonos aos edificios públicos como centro de saúde, biblioteca, concello, etc.

Entregamos os pictogramas correspondentes para que os coloquen en lugares visibles dende o exterios e que poidan cumprir así coa  súa función visual a todo o que a necesite. Para poder levala a cabo empregaremos os pictogramas de "ARASAAC"

 

 

CORA CONVIDA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

Chegou a hora do conto!

As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para todas e todos vós, un conto cheíño de piratas e corsarios, dependendo do lado da historia que o contemples.

Os pequenos e pequenas gozaron moito con el e aquí vos deixamos unha pequena mostra da sesión de contacontos.

 

 

Tamén vos deixamos o conto para que poidades lelo, escoitalo e imaxinar a nosa Ría cando Drake navegaba nela, deixade voar o voso maxín...

 E como non en pictos

O NADAL NO MANUEL PADÍN TRUITEIRO

E chegou o Nadal! Na nosa escola un ano máis quixemos celebralo como se merece. Traballamos arreo neste 1º trimestre e agora tocaba despedilo ao grande e

así o fixemos.

Picade na imaxe para poder ver unha pequena parte dos nosos traballos e da nosa festa.

 

BO NADAL E FELIZ 2024! Vémonos en xaneiro.

 

E CHEGA O SAMAÍN!

E CHEGA O SAMAÍN!

Achégase a noite do 31 de outubro, e dentro da tradición máis enraizada da nosa terra atopamos:

“O SAMAÍN””

O Samaín foi o orixen de todo, significa “fin do verán”, pois os antigos celtas celebraban nese momento a transición ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, nestas datas cóntase que é maís fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín marcaba a chegada do Ano Novo que se dividía en dúas partes: unha oscura e outra clara.

Algunhas persoas cubríanse con peles de animais e máscaras, para despistar aos espíritus, e isto dá lugar ao costume que temos hoxe de disfrazarnos.

 

A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas e non hai que esquecer que as poboacións celtas collían as caveiras dos mortos nas batallas e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros, de aí o costume das cabazas.

 

CARREIRA SOLIDARIA. UN ENTRE CEN MIL

“A VOLTA AO COLE”

UN ENTRE CEN MIL

CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Máis de 1000 escolas corremos contra a leucemia infantil, e nós fomos unha desas escolas.

Cada curso escolar participamos nalgunha campaña solidaria, este ano xurdiunos a oportunidade de participar nesta campaña.

Explicamos nas aulas o por que? E o para que? Traballamos valores como a empatía, a solidariedade, o respecto cara aos demais, etc.

Colaborou toda a Comunidade Educativa na recollida de donativos.

Foi todo un éxito. A recadacción foi de 1316,74 euros.

Grazas a todas e a todos por colaborar!

Deixámosvos as fotografías e videos da carreira, puidemos axudar e á vez pásalo moi ben. Picade na imaxe para poder ver o ben que o pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut