Skip to Content

LATEXOS DE NEGUEIRÓS

.

REGUEIFANDO CON LUIS "O CARUNCHO" E PINTO DE HERBÓN

 

O mércores 5 tivo lugar no noso centro un obradoiro de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, extraordinario dúo de regueifeiros que nos transmitiron a súa paixón e bo facer na creación destes desafíos improvisados de caracter oral en verso, que teñen certa similitude co rap actual. Como podedes ver no vídeo, as súas improvisacións fixéronos rir un montón e o alumnado, ao rematar o obradoiro, poido interpretar as súas propias creacións. As regueifas amosan ser un interesante recurso para achegar a creación literaria, a poesía e a tradición oral aos cativos. Moitas grazas a Luís e a Pinto por facernos pasar uns intres tan divertidos.

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Felicitacións feitas por Ariana e Dafne,alumnas de 6º curso da nosa escola.

ALUMNADO DE 4º CURSO RECIBE A VISITA DO ESCRITOR HECTOR CAJARAVILLE

O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre.Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.

XORNADAS "DEPORTE ESCOLAR INTERCENTROS"

"OS PALLEIROS" VISITA O NOSO CENTRO

Recibimos no noso centro a representantes da protectora de animais "Os Palleiros" que ten como obxectivo coidar e socializar cans maltratados.Explicáronnos os dereitos  que teñen os animais a ser coidados e repectados e a importancia da adopción destas maravillosas mascotas que foron abandonadas.

INTERACTING THEATRE


 

A NOSA ESCOLA APÚNTASE Á COMPOSTAXE

 O mércores 24 o alumnado de 5º e 6º curso asistiu a unha charla coloquio de iniciación á compostaxe a cargo do profesor Antón Lois, pertenecente ao Departamento de Educación "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra.O programa continuará ca posta en marcha dun composteiro para o noso cole o día 3 de Maio. Os días 13 e 15 de Maio teremos unha sesión de laboratorio para identificar os invertebrados presentes no composteiro e coñecer a súa función no proceso.

 <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

Distribuir contido


by Dr. Radut