Skip to Content

SEMANA DA DIVERSIDADE FAMILIAR

 A semana na que se pechou a escola pola pandemia debida ao coronavirus celebramos a “semana pola diversidade familiar” cunha serie de actividades organizadas dende o departamento de orientación e que quedaron parcialmente suspendidas debido aos acontecementos. O obxectivo desta celebración é ofrecer ao conxunto da comunidade escolar unha ferramenta máis de tolerancia baseada no respecto e na diversidade como un elemento de aprendizaxe,de enriquecemento e de crecemento persoal.

23 DE ABRIL, FELIZ DIA DO LIBRO!!!

Como cada ano por estas datas e coincidindo co dia en que finou Miguel de Cervantes  celebramos o “Dia do Libro”.E fundamental espertar o  habito lector en idades temperás xa que a lectura é a base da cultura, permítenos acceder a información e axuda ao desenvolvemento das capacidades mentais e da imaxinación.

Este ano, con todo o que está a acontecer  a lectura ,mais que nunca, pode constituír unha  valiosa ferramenta  onde poder refuxiarnos  e saír airosos.

Dende a Biblioteca  propuxéronvos unha serie de retos para conmemorar esta data e que vos resolvéchedes  con moitísima imaxinación.

VER OS RETOS

 

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Nestes momentos que estamos a vivir , máis que nunca, arelamos o contacto directo con todos os alumnos e alumnas, nenos e nenas que dan sentido á nosa vocación docente . Por elo queremos darvos as grazas polas manifestacións de agarimo que estamos a recibir e que animan o noso dia a dia.

Estes preciosos vídeos feitos polos pais, nais e nenas e nenos de distintos cursos constitúe un "chute" de enerxía para todo o profesorado.

 

 

TODO VAI IR BEN

  


 

A APLICACIÓN ABALAR COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN CAS FAMILIAS

Benqueridas familias:

Informámoslles da necesidade de que se dean de alta na aplicación ABALAR para poder estar en contacto coa escola para novas informacións e avisos.
Podedes instalala nos vosos móbiles sen ningunha dificultade. Moitas grazas, unha aperta grande para toda a comunidade educativa dende o Manuel Padín Truiteiro; e lembrade que estes días QUEDAMOS NA CASA"

AVISO SOBRE AS TAREFAS ESCOLARES

Estimadas familias: ante a situación na que nos atopamos e debido á premura dos acontecementos que estamos a vivir, vémonos na obriga de tomar medidas para que o noso alumnado manteña unha rutina de traballo dende as súas casas. Por esta razón os mestres e mestras da nosa escola estamos a elaborar material que colgaremos nesta páxina web. Quen non teña a posibilidade de acceder a mesma poderá vir pola escola a coller o material.

Disculpade as molestias

8 DE MARZO DIA DA MULLER

MÚSICA : "MATRIARCAS" de Guadi Galego

ROSA ANEIROS VISITA A NOSA ESCOLA

Nesta ocasión tivemos a sorte de recibir a Rosa Aneiros , gañadora do Premio Merlín 2019 de literatura infantil  co seu libro " Xelis o guieiro dás botellas de mar". O alumnado, que xa tiña lido o libro, puido compartir con ela distintos puntos de vista que xurden ca lectura.

Foi unha velada moi interesante na que todos e todas tomamos conciencia da necesidade de loitar por un planeta máis limpo.

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O alumnado de 5º e 6º curso asistirá ao longo deste mes  a un obradoito de robótica impulsado pola Consellería de Educación dentro do Programa de Ciencia e Tecnoloxía e grazas a colaboración da OMIX.

A robótica educativa ten como obxectivo a iniciación  na experiencia da programación básica. É unha forma de promocionar o ensino da ciencia e da tecnología e promover a colaboración entre o alumnado. 

Moitas grazas a Sonia e aos profes que impartiron este taller tan interesante e divertido.

Distribuir contido


by Dr. Radut