Benvidas e benvidos a este novo curso escolar desexándovos o mellor sempre. Xuntas e xuntos imos acadar a meta. Moito ánimo e escomenzamos a andaina xuntas e xuntos.
Dende a nosa escola queremos desexarvos a toda a Comunidade Educativa un BO NADAL!
Ademais de darvos as grazas a todas e todos por acompañarnos neste 1º trimestre tan difícil, inusual e intenso. Grazas polo grande esforzo e implicación de todo o profesorado, alumnado, persoal non docente e familias. Tivemos días difíciles cheos de sentimentos encontrados, días fermosos nos que a pesar das máscaras, a distancia, ... puidemos gozar da maxia do ensino, compartillamos vivencias, xogos e traballo, sen que nada nos quitase a ilusión de seguir ensinando dende o corazón, e así o seguiremos facendo neste 2021 que se achega.
Que o 2021 nos permita seguir ensinando como nos gusta dende o corazón. FELIZ ANO NOVO!
MÚSICA: "PANXOLIÑA PARA O NADAL DE 1829" DE CARLOS NÚÑEZ
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ..., en centros docentes dependentes desta consellería ... no curso 2020/21. Diario ofecial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.
ALUMNADO DESTINATARIO:
NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/21.
TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:
- O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no presente curso e que cumpra as seguintes condiciöns:
º Pertenza a unha familia cunha renda igual ou inferior a 6000 euros.
PRESENTACIÓN E PRAZO DA SOLICITUDE:
De xeito presencial no centro educativo.
Do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Podedes acceder ao DOG, onde se regulan os procedemsntos para a distribución das máscaras, pinchando na fotografía.
Fonte da imaxe: https://image.freepik.com/vector-gratis/ninos-dibujos-animados-usan-mascara-protectora-virus-ilustracion_162786-54.jpg
VENRES 13, COMO NON? CELEBRAMOS O MAGOSTO, UNHA FESTA DIFERENTE, PERO AO FIN UNHA FESTA. TOD@S GOZAMOS DA MAÑÁ COS XOGOS PREPARADOS POL@S MESTR@S DE EDUCACIÓN FÍSICA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
AO REMATE DOS XOGOS TIÑAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS ASADAS, MOI BEN ASADIÑAS POLA NOSA COMPAÑEIRA NATI E POR LUÍS. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS DOUS!
MOITAS GRAZAS POLAS CASTAÑAS A ANPA DA NOSA ESCOLA, XA QUE ESTAS FORON UN AGASALLO POR PARTE DELES/AS PARA TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA.
MANTENDO SEMPRE O PROTOCOLO DA COVID: MÁSCARAS POSTAS, DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE GRUPOS DE CONVIVENCIA ESTABLE, CADA GRUPO CLASE NO SEU ESPAZO E DESINFECCIÓN DE MANS E XOGOS.
ESTE ANO TOCOU FACELO SEPARADOS FISICAMENTE PERO XUNT@S DE PENSAMENTO E DE CORAZÓN.
A FESTA FOI UN ÉXITO GRAZAS A TOD@S @S MESTR@S E A TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA!
MÚSICA:
Tres castañas polo chan cantada por Susa Herrera. Magosto 2012, A. Fernández. Canción do Magosto do libro 13 Lúas. Gústanme as castañas, canción galega.