Skip to Content

DIA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Chapa conmemorativa feita polo alumnado

DIA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE 4º CURSO A PONTEVEDRA

O dia 20 de Novembro o alumnado de 4º curso realizou unha saída padagóxica a Pontevedra para asistir ao auditorio na sede Afundación para ver o espectáculo "El planeta de los instrumentos insólitos"

Divertido concerto didáctico da man de Diego Galaz e Jorge Arribas. Un maravilloso viaxe pola música popular española usando instrumentos increíbles como o violín trompeta,a serra musical a ala de buitre, a silla frauta...

 Despois foron ata o museo de Pontevedra, non sin antes repoñer forzas cunha boa merenda. Alí participaron nun xogo de búsqueda e observación onde os nenos e as nenas profundizaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 

 

 Despois de ter que pospoñelo debido á meteoroloxía, por fin  celebramos o Magosto cun feixe de xogos divertidos. Logo rematamos ca degustación das castañas preparadas por Nati  na súa espectacular locomotora.

Ver vídeo

 

 

Repoboación do monte de Pozovello polos alumnos de 5º e 6º de primaria

O pasado 23 de febreiro,os alumn@s de 5º e 6º de primaria do noso colexio, saíron a repoboar o monte de Pozovello, asolado polos incendios do pasado outono.Esta plantación, non é un actuación extraordinaria no noso colexio, xa que dende hai unha década, xa é tradición que os alumn@s participen en plantacións de especies autóctonas nos montes do redor,pero que este ano cobra maior relevancia pola situación de desolación creada a raíz da vaga de incendios que azotaron a toda Galicia e en especial ao noso Concello.

Para máis información podedes ver o artigo publicado no faro de Vigo dixital, pinchando na imaxe en miniatura.

Repoboación do monte de Pozovello polos alumnos de 5º e 6º de primaria

ABALAR MÓBIL

A partir deste momento o noso centro dispón da aplicación ABALAR MÓBIL dispoñible para todo tipo de dispositivos móbiles.Con esta aplicación pódese coñecer información dos nosos fillos( no noso centro pódese consultar faltas e notas e posteriormente se irán ampliando o número de servizos).

Pódese descargar a aplicación desde este sitio web, ben escaneando os  códigos QR ou ben pinchando nos enlaces:

 Pincha aquí para IOS

Pincha aquí para ANDROID

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut