Skip to Content

Dúas illas mil historias

VIAXAMOS NA MÁQUINA DO TEMPO

 PICA NA IMAXE PARA PODER VER A PRESENTACIÓN FEITA POLAS NENAS E POLOS NENOS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

CORA CONVÍDANOS A VIAXAR NO TEMPO

Cora fíxonos chegar por sorpresa o seu convite para asistir ao 1º programa de TV que se celebrará no salón de actos. Toda unha sorpresa cando vimos entrar a súa carta por debaixo da porta, dicía así:

Benqueridas nenas e nenos:

Fágovos chegar o convite para o gran día, o día do estreno, no que vos imos mostrar todo o que podemos investigar, aprender, coñecer e transmitir sobre a historia da Ría de Vigo e das súas illas máis coñecidas para todas e todos nós.

Polo que, queremos convidarvos á representación teatral que realizaremos o

XOVES 16 DE NOVEMBRO ás 13:20

Cora, e as nenas/os de 5º e 6º

                

QUE BONITO FOI VISITARVOS NAS VOSAS AULAS!

Como vedes realicei unha fermosa reportaxe fotográfica para que poidades ver o emocionante que foi a miña viaxe polas aulas do

Manuel Padín Truiteiro

Moitas grazas pola vosa acollida! Foi unha experiencia maravillosa que de seguro repetirei.

Gozade da presentación e desexo que vos gustara o marcapáxinas que vos agasallei e que fixen con tanto agarimo para todas e todos vós. Nunca deixedes de ler e de visitarme na biblioteca.

Mil bicos cheiños de cousas boas para todas e todos e para as Mestras e Mestres tamén que sempre están aí axudando.

 

CORA VISITA AS NOSAS AULAS

BENQUERIDAS/OS NENAS E NENOS:

Son Cora, coñecédesme, verdade? Son a mascota da nosa biblioteca e hoxe traiovos esta carta para presentarvos o Proxecto que imos levar a cabo este curso.

Titúlase: “Dúas illas, mil historias”

Como xa sabedes. Picade na imaxe para ler a carta.  

 

DÚAS ILLAS MIL HISTORIAS

Escomenzamos curso e con el PROXECTO. Un ano máis dende a biblioteca do noso centro imos dar saída a unha nova aventura de investigación e coñecemento.

Temos que seguir explorando o noso entorno próximo. Coñecemos o noso Castelo, algo tan cercano e descoñecido nun 1º momento. Cantas historias descubrimos de cabaleiros, de mulleres valentes,lendas ...

Tiñamos ao carón da escola unha xoia medieval á que lle soubemos chegar ata o corazón para darnos o mellor de si.

E agora toca coñecer a historia da ”Ría de Vigo" e sobre todo de dúas illas que se atopan na Enseada de San Simón e que viron pasar ante elas a historia máis fermosa e tamén a máis triste.

O noso proxecto é:

 

INICIAMOS A AVENTURA! J

Distribuir contido


by Dr. Radut