Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Xefatura de Estudos

Libros de texto e material complementario para o curso 2021-2022

14/06/2021 09:59
Europe/Madrid

 

Relación de libros de texto e material complementario para o vindeiro curso.

IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º)

O vindeiro curso non se utilizará o caderno de música do alumnado. Xa non aparece na listaxe.


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono  881 880 434 , email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
Publicación de listaxes: 2 de xullo de 2021
A partires do día 2 de xullo e ata o 20 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 2 de xullo de 2021
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2021 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2021.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.

MATERIAL ESCOLAR.
EDUCACIÓN INFANTIL

O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente coa persoa titora.

PRIMEIRO E SEGUNDO DE E. PRIMARIA.
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora.

 

Listaxe de libros de texto e cadernos do alumnado en PDF.

 

 

Adaptación das programacións didácticas.

12/05/2020 13:50
Europe/Madrid

Publicidade das programacións.

En cumprimento das instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, damos publicidade á programación didáctica adaptada para o terceiro trimestre.

 

Acceso ás programacións no espazo familias da aula virtual:

 

Primeiro.

Segundo.

Terceiro.

Cuarto.

Quinto.

Sexto.

 

Aclaración sobre os libros de texto.

00/00/
Array

1º e 2º de primaria:

 

As familias teñen que adquirir/aportar todos os libros de texto, que deben comprar , de ser admitidos , co vale para libros.

 

Xa están dispoñibles para a recollida no colexio os vales para a adquisición de libros de texto,e para material escolar.

 

3º,4º,5º e 6º de primaria:

O fondo solidario entregará ao alumnado admitido os libros de texto en préstamo.

As familias deben comprar os cadernos do alumno de inglés e música , este recurso non se considera libro de texto e pode pagarse co vale para material.

 Os vales para a adquisición de material xa están dispoñibles.

 

Horario de secretaría: de 11:00 a 13:00 horas.

Ver nota aclaratoria en PDF

 

 

 

 

Distribuir contido