Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Libros de texto e material complementario para o curso 2021-2022

14/06/2021 09:59
Europe/Madrid

 

Relación de libros de texto e material complementario para o vindeiro curso.

IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º)

O vindeiro curso non se utilizará o caderno de música do alumnado. Xa non aparece na listaxe.


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono  881 880 434 , email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
Publicación de listaxes: 2 de xullo de 2021
A partires do día 2 de xullo e ata o 20 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 2 de xullo de 2021
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2021 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2021.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.

MATERIAL ESCOLAR.
EDUCACIÓN INFANTIL

O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente coa persoa titora.

PRIMEIRO E SEGUNDO DE E. PRIMARIA.
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora.

 

Listaxe de libros de texto e cadernos do alumnado en PDF.

 

 

AdxuntoTamaño
libros_2021_2022_exposicionweb.pdf99.92 KB