Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

O Magosto

Festa

00/00/
Array

Como xa vén sendo habitual, un ano máis, celebramos o Magosto no noso cole.

Durante a semana do 12 ao 16 de novembro adicamos as nosas sesións de expresión plástica a pintar unha parede do patio cuberto con debuxos alusivos ao outono.

Tamén fixemos unha exposición de receitas elaboradas con productos típicos do outono.

   

O venres, 16 de novembro, realizamos no patio do colexio un taller de xogos populares organizado polos mestres de Educación Física.

Organizáronse un total de 10 xogos polos que foron rotando os distintos grupos de alumnos/as co tutor/a correspondente. Aqueles xogos que presentaban maior complexidade contaron ademais coa presencia dun mestre especialista.

   

E, como colofón, non podía faltar... o tradicional asado de castañas!

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido