Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Viaxes didácticas

TEATRO E. INFANTIL

00/00/
Array

OS NENOS E NENAS DE E. INFANTIL IMOS IR  VER UNHA OBRA DE TEATRO A FERROL  O DÍA 11 DE MAIO.

 

  • A HORA DE SAIDA DO COLEXIO SERÁ AS 9:30 DA MAÑÁ

 

HANSEL Y GRETEL

 

  • CONTO MUSICAL DE ACTORES E TITERES QUE CANTAN ACOMPAÑADOS DUN PIANISTA EN DIRECTO.
  • OS PROTAGONISTAS , PERDIDOS NO BOSQUE , ENCONTRAN UNHA CASA DE CHOCOLATE ONDE VIVE UNHA BRUXA.

VISITA A SANTIAGO (3º CICLO)

00/00/
Array

28-ABRIL-2009

CARIÑO

Saída:A partir das 8 horas da mañá das paradas da Estrada Xeral

SANTIAGO

MANÁ

10:15 horas-MHN: Museo Historia Natural. Visita guiada ao Museo e aos xardíns botánicos do Campus Sur

12:00 horas-Parlamento de Galicia: Visita guiada ó Parlamento

13:30 horas-Xantar: no comedor Monte da Condesa

TARDE

16:00 horas-Mupega: Visita guiada ao Museo Pedagóxico Galego

17:30 horas-Catedral de Santiago. Praza do Obradoiro

18:15 horas-Museo Pobo Galego: Visita s salas e dependencias.

19:30 horas-Regreso. Breve parada en ruta.

VISITA Á CAPELA (1º ciclo)

00/00/
Array

O vindeiro venres, 27 de marzo, os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais "Brinquedos", situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Nese centro, os nosos alumnos practicarán xogos tradicionais como as bolas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, as carrilanas,...

Sairemos as 9:30 h do colexio e estaremos de volta ás 14:30 h.

VIAXE 1º CICLO A FENE

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 10 de marzo, os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o Parque Municipal de Educación Viaria de Fene.

 

A saída realizarase, dende o colexio, ás 9:30 h da mañá e o regreso está previsto para as 17:00 h, deixando a cada un dos/as nenos/as na parada indicada polos seus pais.

 

Se queres ver as fotos da excursión fai "clic" aquí ou na seguinte foto.

 

 

 

VIAXE E. INFANTIL AO ACUARIO DA CORUÑA

00/00/
Array

Unha das Unidades Didácticas que imos traballar neste segundo trimestre en Educación Infantil é "OS ANIMAIS MARIÑOS".

Un dos obxectivos que nos propoñemos é que os nenos e as nenas coñezan o mar e tamén os disitintos tipos de animais que nel habitan.

Por iso imos facer unha excursión ao Acuario a Coruña onde os nenos e nenas poden apreciar de cerca aproximadamente uns 10.000 exemplares mariños como: doradas, ollomol, abadexo, balea, medusas,...

A excursión será o día 3 de marzo.

Sairemos do colexio ás 9:15 horas e o regreso está previsto para as 17:00 horas.

 

Máis información en http://www.casaciencias.org/aquarium

O Segundo Ciclo visitará os Museos Científicos Coruñeses

00/00/
Array

O próximo día 28 de xaneiro os alumnos do Segundo Ciclo de Primaria visitaremos os tres Museos Científicos da Coruña.

Sairemos ás 9.30 de Cariño e xa na Coruña visitaremos o Acuario Finisterrae,
onde nos mostraran todas as salas de exposicións e os acuarios das
focas, dos pulpos e das quenllas. Cun pouco de sorte veremos como lles
dan de comer.

Logo agárdannos na Domus. Alí empezaremos por
disfroitar dunha proxección na pantalla de Magnavisión. Logo
exploraremos todas as exposicións e sobre as 15.00 tomaremos o xantar
na sala "Picnic".

Pola tarde, estaremos na Casa das Ciencias. Primeiro temos unha sesión de planetario e logo visitaremos toda a Casa.

Ás 18.00 voltaremos para a casa e chegaremos sobre as 19.30.

Distribuir contido