Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

O Segundo Ciclo visitará os Museos Científicos Coruñeses

00/00/
Array

O próximo día 28 de xaneiro os alumnos do Segundo Ciclo de Primaria visitaremos os tres Museos Científicos da Coruña.

Sairemos ás 9.30 de Cariño e xa na Coruña visitaremos o Acuario Finisterrae,
onde nos mostraran todas as salas de exposicións e os acuarios das
focas, dos pulpos e das quenllas. Cun pouco de sorte veremos como lles
dan de comer.

Logo agárdannos na Domus. Alí empezaremos por
disfroitar dunha proxección na pantalla de Magnavisión. Logo
exploraremos todas as exposicións e sobre as 15.00 tomaremos o xantar
na sala "Picnic".

Pola tarde, estaremos na Casa das Ciencias. Primeiro temos unha sesión de planetario e logo visitaremos toda a Casa.

Ás 18.00 voltaremos para a casa e chegaremos sobre as 19.30.