Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Viaxes didácticas

VIAXE E. INFANTIL AO PARQUE DE BOMBEIROS

00/00/
Array

O vindeiro martes 25 de maio, realizaráse unha visita ó Parque de Bombeiros de Ferrol na que participarán nenos e nenas de E. Infantil.

Nesta visita veremos as  instalacións, materiais, uniformes…cos que traballan estes profesionais. Esta saída está relacionada coa unidade didáctica que estamos a traballar sobre “os oficios”. E relacionada tamén coa “auga”, principal “materia prima” utilizada neste oficio. Iremos despois de xantar á exposición situada no parque “Reina Sofía” titulada “Aquaciencia”, onde observaremos distintas máquinas que nos permitirán coñecer algunhas propiedades ou características da auga.

A visita durará mañá e tarde, e os nenos deberán levar a súa  comida.

Se o tempo o permite, xantaremos no parque onde se atopa “aquaciencia”, e no caso contrario poderemos utilizar o patio dun colexio para comer a cuberto.

HORA DE SAÍDA: 9:30 h aprox.

HORA DE REGRESO: Sairase de Ferrol  sobre as 17:30 -18:00 h, co que chegaremos aquí aprox. Ás 18:30 -19:00 h.

VIAXE DIDÁCTICA 2º CICLO

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 20 de abril, os alumnos/as de 2º ciclo desprazaranse a Narón para visitar o PARQUE ALDEANOVA.

Sairase do centro ás 9:30 horas, estando previsto chegar ao parque sobre as 10:30 h. Alí se subministrará un almorzo composto por froita e iogurt.

Ao longo da xornada desenvolveranse 3 actividades:

  • Rastros e pegadas.
  • Construción de xoguetes.
  • Comida divertida.

Tamén terán acceso libre ao parque e tempo para xogar libremente.

A hora de chegada prevista de regreso é sobre as 18:00 horas.

VISITA DIDÁCTICA ED. INFANTIL

00/00/
Array

O vindeiro martes 23 de marzo, realizaráse unha visita á Granxa-Escola de Belelle (Neda) na que participará toda a E. Infantil.
Nesta visita realizaránse actividades relacionadas coa unidade didáctica que estamos a traballar, sobre “os alimentos”: horta, elaboración de pan, visita aos animais da granxa.
A visita durará mañá e tarde, e os nenos deberán levar a súa  comida.

HORA DE SAÍDA: 9:30 h aprox.

HORA DE REGRESO: Sairase de Neda ás 16:00 h aprox.

VISITA A SUPERMERCADO E. INFANTIL-5 ANOS

00/00/
Array

O vindeiro venres 12 de marzo E.I. 5 A/B faremos unha saída a un supermercado da zona . Esta actividade forma parte da unidade didáctica "Imos facer a compra" e consistirá en:  visita ao supermercado, observación de todas as seccións que nel se atopan, produtos que nel se venden, prezos dos produtos, e a realización por parte de cada alumno/a da compra dun alimento saudable.O produto que eles merquen levarano para a súa casa na bolsa confecionada por eles mesmos.Esta compra farase co remanente das cooperativas das aulas.
Se o tempo non o permite, esta saída trasladarase a outro día.
Como esta saída levarase a cabo dentro da localidade non necesitará autorización por parte da familia.

VIAXE DIDÁCTICA E. INFANTIL

00/00/
Array

O vindeiro xoves 11 de marzo, os nenos e nenas de educación infantil, faremos unha visita á conserveira de cariño "La Pureza", para ver as súas instalacións e funcionamento. A visita está relacionada coa unidade didáctica que estamos a desenvolver sobre "Os alimentos".

Relacionada igualmente con este tema, está a saída que se realizará o martes 23 de marzo, á granxa-escola de Belelle, en Neda, tamén para os nenos de educacion infantil.

VIAXE DE EDUCACIÓN INFANTIL AO AERÓDROMO DAS ROZAS EN LUGO

00/00/
Array
  • A EXCURSIÓN SERÁ O DÍA 2 DE XUÑO.

  • UNHA DAS UNIDADES DIDÁCTICAS QUE IMOS TRABALLAR NESTE TERCEIRO TRIMESTRE EN EDUCACIÓN INFANTIL É “OS MEDIOS DE TRANSPORTE”
  • UN DOS OBXETIVOS QUE NOS PROPOÑEMOS É QUE OS NENOS E AS NENAS COÑEZCAN OS DISTINTOS TIPOS DE MEDIOS DE TRANSPORTE
  • POR ISO IMOS FACER UNHA EXCURSIÓN AO AERÓDROMO, ONDE OS NENOS E NENAS PODEN APRECIAR DE CERCA UNHA AVIONETA
  • ESTA VISITA FARÉMOLA POLA MAÑÁ, E POLA TARDE VISITAREMOS “ AVIFAUNA”, UNHA GRANXA DE AVES
  • A SAIDA DO COLEXIO SERÁ ÁS 9:15 E O REGRESO SOBRE AS 18:30

 

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁX

  • www.aerolugo.com
  • www.avifauna.net
Distribuir contido