Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

CHARLA-COLOQUIO

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 19 de maio, visitaranos o escritor galego XOSÉ MIRANDA, que dará unha charla-coloquio ás 13:00 horas aos alumnos do Centro.

A biobrafía deste escritor poderíamos resumila así:

Naceu en Lugo, moi preto da muralla, nun chalé que xa non existe, nos últimos días de 1955. Medrou nun barrio a medias obreiro, con moitos espacios aínda sen edificar, e grandes prados, hortas e chousas. Xogou moito ó aire libre cos seus amigos e leu algúns libros e tebeos. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978. É profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes da súa cidade natal. Desde neno escribiu versos. Proximamente editará As cidades mergulladas. Poesía reunida (1973-2002). En 1988 comezou a escribir prosa, relatos e novelas para adultos. Tén dous fillos. Para eles escribiu algúns libros do que se deu en chamar literatura infantil e xuvenil. No 2002, con 44 anos, atreveuse a publicar libros para nenos, como Lúa e os nubeiros, Feitizo, Aventuras do coello Federico, Álvaro e Álvaro, Ariadna e Pel de lobo. É especialista en literatura de tradición oral. Xunto a Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba publicou moitos libros de contos populares galegos, dirixidos a un público infantil, reunidos na colección 'Cabalo buligán', da que é codirector, así como o Diccionario dos seres míticos galegos, a Pequena mitoloxía de Galicia, os Contos colorados, narracións eróticas da tradición oral e o recente Cando os animais falaban.

Deporte na escola

00/00/
Array

imaxe deporteO vindeiro día 1 de Abril participaremos na actividade "Deporte na Escola", organizada pola Consellería de Cultura, que terá lugar en Cedeira.

Alumnado: 2º Ciclo de primaria.

Hora: Saída desde o colexio ás 9:45.

Regreso ao colexio en torno ás 14:00.

A actividade consiste na práctica de catro deportes ( fútbol, baloncesto, balonmán e bádminton), o xogo de brilé e unha proba cultural.

Máis información sobre "Deporte na Escola"

CONTACONTOS

00/00/
Array

Os vindeiros días 22 de abril e 13 de maio vanse realizar as seguintes actividades de contacontos na Biblioteca Municipal:

MÉRCORES, 22 DE ABRIL

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de E. Primaria asistirán a un contacontos pola compañía "TÍTERES CACHIRULO" a partir das 11:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

 

MÉRCORES, 13 DE MAIO

Os alumnos de Educación Infantil asistirán a un contacontos pola compañía "TUSITALA" (Contos dos sete mares) a partir das 11:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

Deporte na escola.

00/00/
Array

O día 11 de marzo teremos unha xornada de "Deporte na Escola" en Cedeira.

Participarán os alumnos e alumnas de 5º.

Actividades previstas: Balonmán, minibasket, bádminton, fútbol e un xogo cultural.

 

 

Hora de saída: 9:45 desde o colexio.

Hora de chegada: sobre as 13:30.

Entroido

00/00/
Array

tira de humorO venres 20 celebraremos o entroido cun desfile polo paseo Marítimo a partir das 11:00 .

Como outros anos teremos preparados os churros e os batidos 

Sobre as 13:45 comezaremos o regreso ao cole.

O tema escollido para este ano é o MAR.

 

Visita do escritor-ilustrador Anxo Fariña

00/00/
Array

O día 11 de febreiro recibiremos a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor de libros como Antón e Pompón , os Megatoxos ou Don Quixote e Breogán.

portada do libro megatoxos

A actividade está prevista no Salón de Actos e co seguinte horario:

11:20h - 12:15h  O alumnado de E. Infantil e o 1º Ciclo de Primaria.

12:45h - 13:40h  O 2º e 3º Ciclo de E. Primaria .

 

 

 

 

Fai clic na frecha para ver un vídeo-resumo da visita:

 

 

 

Galería de imaxes sobre a actividade.[--> ]

 

icona dun lapis  Obradoiro de debuxo [ ---> ]


 

Distribuir contido