Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

CONCERTO

00/00/
Array

ATENCIÓN!!!

Esta actividade queda aprazada ata novo aviso por enfermidade dunha das integrantes do grupo musical.

O venres, día 3 de xuño, os alumnos/as do centro asistirán ao CONCERTO DIDÁCTICO: "SON MÁIS DE DOUS" coa temática de "Novas tecnoloxías" no Auditorio Municipal de Cariño.

A actividade dará comezo ás 13:00 horas e durará aproximadamente unha hora. Está financiada pola Concellería de Cultura do Concello de Cariño.

CONTACONTOS

00/00/
Array

O vindeiro xoves, día 28 de abril, os alumnos/as do centro asistirán en dous turnos a unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal. O primeiro turno, con alumnos de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria comezará ás 11:15 horas e o 2º turno, con 2º e 3º ciclo de E. Primaria, ás 12:45 horas. A duración de cada sesión será de 50 minutos aproximadamente.

Xornada de atletismo.

00/00/
Array

 

O xoves 7 de abril participaremos nunha xornada de "Atletismo en pista cuberta" , en Cedeira.

Alumnado: Terceiro e cuarto niveis.

Saída desde o colexio ás 9:45.

Inicio da actividade: 10:30 no Pavillón Polideportivo Municipal de Cedeira.

Hora de chegada ao colexio: sobre as 14:00.

debuxo do atletismoEsta actividade é lúdica, os nenos e nenas participarán en diferentes disciplinas atléticas adaptadas a súa idade. Por exemplo: Carreira de 60m, saltos continuados laterais, lanzamento de peso 2kgr , salto horizontal pes xuntos, lanzamento de xavelina, Salto de altura e carreiras de remudas (relevos).

DÍA DA PAZ

00/00/
Array

Este é un anaco da celebración do Día da Paz 2011

[swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/paz_11.flv"]

CUESTACIÓN ANÓNIMA-DÍA DA PAZ 2011

00/00/
Array

A cantidade enviada a "LA COCINA ECONÓMICA DE FERROL" coas aportacións recadadas no centro foi de:

1.317,59 €

TEATRO - 1º CICLO

00/00/
Array

O venres, día 4 de febreiro, ás 9:45 horas os alumnos/as de 1º ciclo do colexio asistirán á representación no Auditorio Municipal dunha obra teatral ofertada por convenio entre a editorial Edelvives e a Xunta de Galicia.

Distribuir contido