Complementarias
ACTIVIDADES E. INFANTIL PARA O FIN DE CURSO
Enviado por Anónimo o Xov, 2012-06-14 12:22O luns 18 de xuño, faremos unha visita á praia; non se poderán bañar pero poden traer roupa cómoda axeitada.
O mércores 20 de xuño, faremos unha pequena festa de despedida cos nenos, nas aulas correspondentes. Entregaránselles os traballos e os boletíns do trimestre., ese mesmo día.
O FESTIVAL de FIN DE CURSO, terá lugar o xoves 21 de xuño e o horario será de 11:00 a 12:00h. aprox.
As actuacións que van ter lugar, serán na seguinte orde:
- 3 anos: dramatización: “La semillita”.
- 4 anos: dramatización “Quiero crecer, cocodrilo”.
- 5 anos : dramatización “O baile das flores”.
O venres 22, terá lugar a festa de graduación dos alumnos que este curso rematan a ed. Infantil. Será ás 11:00h. con unha duración aproximada dunha hora.
CHARLA
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-05-28 13:49
O vindeiro xoves, 14 de xuño, os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Primaria asistirán no Salón de Actos do centro a unha charla de ANA ARCEO, cooperante de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS e médico no PAC de Bertamiráns.
Esta charla enmárcase dentro das actividades do Día da Paz celebrado en xaneiro e no que a recadación da cuestación anónima destinouse a esta ONG.
VISITA EXPOSICIÓN
Enviado por Anónimo o Ven, 2012-05-25 09:49O vindeiro martes, día 5 de xuño, os grupos de alumnos/as que a continuación se relacionan realizarán unha visita á Exposición Itinerante "AVES DE GALICIA" que terá lugar nos locais da Casa da Cultura do Concello de Cariño.
- 10:00 horas: EI3
- 10:45 horas: EI4
- 11:30 horas: 3º A
- 12:30 horas: 3ºB
- 13:15 horas: 4ºA
Dúo de contacontos para nenos
Enviado por Anónimo o Ven, 2012-05-11 13:00O vindeiro luns, día 21 de maio, ás 13:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Cariño, os alumnos/as do Colexio asistirán ao contacontos "Conta e canta" a cargo de Xoan Curiel e que versará sobre "Contos das estacións"
CHARLA
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-04-30 09:12O vindeiro xoves, 3 de maio, terá lugar no centro unha charla para os alumnos/as de 3º ciclo de E. Primaria dentro do III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR
A charla estará a cargo de persoal da Garda Civil que asesorará a cerca da SEGURIDADE EN INTERNET.
VISITA DIDÁCTICA AOS MUSEOS CORUÑESES
Enviado por Anónimo o Ven, 2012-04-20 11:10O martes 8 de maio o alumnado de educación infantil participará nunha saída didáctica para coñecer os museos de A Coruña.
- Data: 8 de maio de 2012
- Hora de saída: 9:30 h.
- Hora de chegada: sobre as 18:00 h.
- Programa: Visita ao acuario, Domus e Casa das Ciencias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »