Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 18, 2022
Start: 18/05/2022 11:06

Aquí vos deixamos un video coas fotos das actividades realizadas durante a Semana do Libro e dos Dereitos do Autor/a. Esparamos que vos guste.

 

 

reino unido iconTHIS DOCUMENT IN ENGLISH FOR PRINTING  ESTE DOCUMENTO PARA IMPRIMIR EN GALEGO

O día 18 de maio de 2022 foi publicada no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar , acceso ao DOG

 PRAZO:

19/05/2022 ao  22/06/2022

 DESTINATARIOS:

 Fondo solidario de libros: alumnado de 3º e 4ºde EP; o alumnado matriculado en 5º e 6º de EP no curso 2022/2023 disporá de ordenadores do proxecto E-dixgal para acceder aos libros dixitais.

 Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP no curso 2022/2023

 Axudas para a adquisición de material escolar: o alumnado matriculado en todos os cursos de EP

 

SOLICITUDES:

 Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación web fondolibros , ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia
 

Presencialmente con cita previa no teléfono 881880434 ou no correo ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 As solicitudes deberán estar asinadas polo pai, nai,titor/a ou representante legal do/a alumno/a.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia, certificado de convivencia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Mais información:

Servizo web fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Sede electrónica: sede.xunta.gal

Documentos de solicitude: Anexo I e Anexo II


IMPORTANTE:o alumnado que para curso 2022/2023 estará matriculado en 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES correspondente.

 

Venres Maio 20, 2022
Start: 20/05/2022 10:56

Aquí vos deixamos a enquisa para valorar a nosa biblioteca e as actividades que propón. Por favor animádevos a cubrila, é totalmente anónima e a vosa opinión axudarianos a mellorar.

Preme na icona para acceder á enquisa.

Mércores Maio 25, 2022
Start: 25/05/2022 21:56

Onte o alumnado de 3º e 4º de EP visitaron a nave na que as Redeiras de Cariño traballan diariamente. Foron moi ben atendidos por estas mulleres, explicáronlles en que consiste a súa profesión, faláronlles do tipo de redes que se utilizan para as distintas artes de pesca, como se cosen as redes, ensináronlles as agullas que usan, os plomos que levan as redes para afundirse,..., e moitas cousas maís, todas elas MOI INTERESANTES. Ademáis tiveron un obradoiro onde estes /as nenos/as puideron gozar facendo, tocando,... Dámoslles GRAZAS EMORMES

 

                                                                                                                     

                     

Start: 25/05/2022 22:03

Hoxe os/as nenos/as de 2º de EP tiveron un día moi especial, recibiron a tres expertos cesteiros: Andrés, Mario e Juan. Neste obradoiro os /as nenos/as coñeceron de primeira man este oficio tan importante no pasado, e que agora está en perigo de desaparecer. Como podedes ver cada un /unha fixo o seu cestiño e sentíronse súper orgullosos do seu traballo. Dámoslle INMENSAS GRAZAS á Andrés, Mario e Juan  por achegarse ao noso cole e  pola súa paciencia. Estamos moi agradecidos/as.

                  

                                                                   

Venres Maio 27, 2022
Start: 27/05/2022 09:40

 

 

 

 

 

                  

 

 

 

 

 

 

Start: 27/05/2022 09:45

Para conmemorar o nacemento de ROSALÍA acudimos ao auditorio invitados pola biblioteca municipal aún espectáculo de música, o día 21 de marzo.

CON "TRUQUE MATRUQUE"   CONTOS CANTADOS

Un percorrido através do libro "Cantares galegos" de Rosalía

 

    

 

Start: 27/05/2022 23:05

O 16 de febreiro os alumnos de 3º,4º,5ºe 6º foron invitados pola Biblioteca municipal a un espectáculo de comedia e máxia.Un espectáculo de narración familiar.

"SUPERHEROE" a cargo de Fran Rei

   

 

  

 

     

 

Domingo Maio 29, 2022
Start: 29/05/2022 17:34

Espectáculo " CONTOS PARA PASALO DE MEDO"

Actividade en colaboración ca Biblioteca Municipal. Os rapaces/as de 3º,4º,5º y 6º de Educación Primaria foron ao Auditorio da Biblioteca Municipal a disfrutar do espectáculo.

 

Start: 29/05/2022 17:43

No mes de outubro os alumnos de Educación Infantil e Primriro e segundo de Educación Primaria acudiron ao Auditorio da Biblioteca Municipal para asistir aún espectaculo, para celebrar o día das Bibliotecas.

Era unha actividade de dinamización con música, teatro e danza de título

"Contos dos Ratos de Lonxedetodo"

 

 

 

 

 

   

Luns Maio 30, 2022
Start: 30/05/2022 11:06

Despois de case 3 cursos retomamos as excursións que tanto emocionan aos nosos/as nenos/as. O  pasado martes 24 de maio o alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria viaxou ao muíño do Pedroso, unha área recreativa á beira do río Xuvia. Alí realizaron obradoiros de pan, traballaron con sementes e fixeron pegadas de animais en barro, sen faltar, por suposto, o tempo de xogo nunha paraxe natural como é esta. Como soen ser todas as saídas foi unha xornada inesquecible. Pasáronno xenial.

     

Xoves Xuño 02, 2022
Start: 02/06/2022 20:01

O día 22 de abril asistieron, todo o alumnado,  a un espectáculo invitados pola Biblioteca Municipal, para celebrar o día do LIBRO.

" PEQUE DISCO MOC MOC"  a cargo de Moc MOc MeRe clown [ David Merelas Figueiroa]

     

 

 

 

 

 

Domingo Xuño 05, 2022
Start: 05/06/2022 18:57

O día 23 de maio para celebrar o día das Letras Galegas, a biblioteca municipal invitounos a o espectáculo

" NOVOS LOBOS"

Ao que asistiros on alumnos e alumnas de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria.

 

 

 


 

   

Mércores Xuño 08, 2022
Start: 08/06/2022 17:00

O día 7 de xuño os alumnos de Infantil, Primeiro, Segundo e terceiro acudiron a Casa da Cultura para asistir a unha actuación de Contacontos " FESTA".

                                      

                  

                                                                               

                        

    

 

Luns Xuño 13, 2022
Start: 13/06/2022 17:37

O pasado 24 de maio o alumnado do cole (3º, 4º,5º e 6º de EP) viaxou á cidade da Coruña para pasar un día GRANDE. Saíron en 3 autobuses sobre ás 9:30 da mañá. Cando chegaron dirixironse ao Monte de San Pedro onde tomaron un pequeno xantar para coller forzas e gozar dos lugares que os estaban agardando. O primeiro destino foi a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida, onde xogaron e interactuaron coa ciencia para así comprendela mellor; a continuación dirixironse cara ao MUNCyT onde, aparte de todo o contido interesantísimo que alí se atopa, tiveron a oportunidade de subirse a unha cabina de avión, toda unha experiencia, sobre todo para aqueles nenos/as que nunca tiveran a oportunidade de viaxar neste medio de transporte. Despois de do Museo de Ciencia e Tecnoloxía esperáballes algo que agardaban con moita ilusión: comer todos xuntos no "Muerde la Pasta" no centro comercial Marineda. Segundo manifestaron, "foi xenial!!!". E por último e non menos atractivo, foron ao Acuario Finisterre, que imos a dicir, outra experiencia inesquecible, sobre todo para eses nenos e nenas amantes dos animais, en especial dos que habitan no mar.

      

Start: 13/06/2022 18:14

O día 8 de xuño celebrase o Día Mundial dos Océanos. Sabemos que o oceáno cubre máis do 70 % do Planeta, que é a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Por todo iso e máis, Nós ,aínda que o día 9 de xuño e  por segundo ano consecutivo, quixemos axudar a protexer o noso mar e as nosas praia porque consideramos que todos debemos poñer o noso grao de area, os xestos son necesarios para conseguir un mar limpo, un mundo mellor. Proba de que é necesario é que o océano produce ao menos o 50% do osíxeno do Planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteinas  para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Que máis necesitamos saber para concienciarnos de que temos a misión de conservar a vida no mar para as futuras xeracións. Por todo o anterior, saimos á Basteira co fin de limpala e comprobar se existen microplásticos ocultos entre os graos de area. Sorprendimos positivamente cando comprobamos que a praia estaba bastante limpa, e cando fixemos o peneirado de area deunos como resultado que non había microplásticos tan perxudiciais para os peixes e indirectamente para o ser humano. Sentimonos moi ledos/as!!!. Tamén aproveitamos para xogar na zona das dunas e na beiramar. O sol acompañounos, quizais demasiado, pero resultou unha xornada de convivencia divertida, instrutiva,  emocional e de fomento de valores para educar aos nosos/as rapaces/zas.

        

 

Mércores Xuño 15, 2022
Start: 15/06/2022 23:44

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.


IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º).


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono 881 880 434, email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal.


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.


As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.


PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.


Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.


Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.


MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar
nada sen falar previamente coa persoa titora.


EDUCACIÓN PRIMARIA
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora e/ou publicado na web do colexio cando se coñeza.

PREMA NA SEGUINTE LIGAZON PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023

 

Xoves Xuño 16, 2022
Start: 16/06/2022 00:12

O alumnado admitido no proceso de admisión para o curso 2021-2022 deberán formalizar a matrícula presentando o impreso correspondente na secretaría do centro xunto con dúas fotografías tamaño carnet e solicitando cita previa.

 

Prazo: 20 de xuño-30 de xuño

Teléfono cita previa: 881 880 434

IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Distribuir contido