Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SAÍDA Á A CORUÑA ALUMNADO 3º, 4º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA

13/06/2022 17:37
Europe/Madrid

O pasado 24 de maio o alumnado do cole (3º, 4º,5º e 6º de EP) viaxou á cidade da Coruña para pasar un día GRANDE. Saíron en 3 autobuses sobre ás 9:30 da mañá. Cando chegaron dirixironse ao Monte de San Pedro onde tomaron un pequeno xantar para coller forzas e gozar dos lugares que os estaban agardando. O primeiro destino foi a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida, onde xogaron e interactuaron coa ciencia para así comprendela mellor; a continuación dirixironse cara ao MUNCyT onde, aparte de todo o contido interesantísimo que alí se atopa, tiveron a oportunidade de subirse a unha cabina de avión, toda unha experiencia, sobre todo para aqueles nenos/as que nunca tiveran a oportunidade de viaxar neste medio de transporte. Despois de do Museo de Ciencia e Tecnoloxía esperáballes algo que agardaban con moita ilusión: comer todos xuntos no "Muerde la Pasta" no centro comercial Marineda. Segundo manifestaron, "foi xenial!!!". E por último e non menos atractivo, foron ao Acuario Finisterre, que imos a dicir, outra experiencia inesquecible, sobre todo para eses nenos e nenas amantes dos animais, en especial dos que habitan no mar.