1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

8 de marzo

Para conmemorar o 8 de marzo continuamos a traballar mulleres que foron importantes ao longo da historia, pero centrándonos especialmente nas mulleres galegas. Por outra banda, dende o centro repartimos pulseiras moradas.

Ademáis, o alumnado de 3º e 4º e o alumnado de 6º crearon estes estupendos murais e o alumnado 2º de Educación primaria elaborou uns laciños morados.

Entroido no Manuel Luís Acuña

Este ano tivemos un Entroido moi especial. Durante toda a semana, as titoras estiveron traballando o Entroido nas diferentes zonas da provincia de Ourense e as súa tradición gastronómica e cultural. Para completar o aprendido, a nosa directora o xoves acudiu ao centro disfrazada de Felo.

Comezamos a mañá do venres cun taller de máscaras por grupos burbulla. Despois degustamos unha rica bica acompañada dunha chocolatada. Rematamos o día con diferentes obradoiros (baile tradicional, tatuaxes...) e xogos para fomentar a práctica de actividade física dentro do horario lectivo.

Xa estamos desexando que chegue o próximo Entroido!

 

Día de Rosalía

Para conmemorar o día de Rosalía estivemos a traballar coas súas poesías na materia de Lingua Galega. Mostra de isto é o marabilloso vídeo que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º.


Ademais, como o noso centro está cheo de artistas, o noso alumnado de 6º decidiu versionar o seu retrato cunhas creacións propias do mismísimo Andy Warhol.

Os máis pequerrechos do cole non quixeron deixar pasar a oportunidade de homenaxear a unha das mulleres máis importantes da nosa terra e aprenderon un poema dela e deixaron a súa porta así de preciosa chea de Rosalías pequeniñas.

Mandatos do Meco

Estimadas familias, un ano máis no cole, con motivo do Entroido, realizaremos os Mandatos do Meco. Este ano serán acumulativos polo que cada día deberán traer un novo accesorio ademais dos accesorios dos días anteriores.

 

O venres non deberán traer máis accesorios que os do desfrace que elixan (a temática é libre). Rogamos que non traian máscaras ou accesorios como espadas, pistolas, varitas, etc.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer