1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Programa SI!

Como xa sabedes, o noso cole é un dos centros participantes no programa Si!. Este programa nace da vontade do doutor Valentín Fuster de promover a saúde cardiovascularco obxectivo de ensinar a manter hábitos de vida adecuados durante toda a vida.

Como peche das actividades realizadas durante todo o curso, o 26 de maio tivemos a visita de Cardio (mascota do programa) e dunha maravillosa contacontos coa que aprendimos moito de educación emocional e a súa relación coa saúde.

 

 

Ti si que eres un bo peixe

O día 22 de abril contamos no centro cuns obradoiros do noso programa "Ti si que eres un bo peixe" pertencentes ao Plan "Aliméntate ben". 

Aprendimos moitas curiosidades sobre os peixes que habitan as nosas rías e sobre os beneficios de incluír pescado na nosa dieta.

Semana do Libro

Para celebrar o día do libro realizamos unha actividade de apadriñamento lector, na que os máis maiores do cole léronlle aos máis peques.

Temos uns grandes contacontos no cole!

 

Ademais, como estamos a participar no programa "Vexo, veo, Xacobeo" centramos a semana en traballar o libro "Seres fantásticos do camiño" e preparamos unha pequena composición cos nosos traballos.

 

Final de trimestre

Despois de tanto traballo durante estes meses, o noso alumnado merecíase acabar o trimestre dun xeito especial. Polo tanto, hoxe tocou realizar obradoiros de Ecopercusión nos diferentes grupos, adaptadas sempre ao nivel de desenvolvemento de cada un deles.

Xa son todos uns expertos!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer