Complementarias

Entroido 2024

O pasado mes de febreiro celebrouse o entroido no CEIP A Magdalena. Festexamos, bailamos, cantamos... Ao premer na imaxe teredes accesp a unha pequena mostra deste día tan fantástico. Ademais, se buscades a vosa curuxina poderedes ver a coreografía do festival. Pasámolo xenial! 

     

Entroido 2024 - Unha viaxe no tempo

  

Charanga @s Magdalen@s

A Charanga d@s Magdalen@s preséntase da seguinte maneira... Música e festa asegurada. Premede na imaxe e veredes...

Entroido 2023 - Mundo de cores

Un ano máis o carnaval pasou polo noso colexio. A gran festa dos disfraces non defraudou. Os alumnos e alumnas agasalláronnos coas súas mellores galas, ademais de facer unha gran demostración de baile. Premendo na imaxe accederedes ao vídeo do que foi a gala de Entroido 2023.

Periodista María Meizoso na semana da prensa

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SAMAÍN

EDUCACIÓN VIARIA

Este martes, 100 nenos do Colexio A Magdalena, asistiron a unha divertida clase sobre seguridade viaria. Un monitor de educación viaria, coa axuda dos Bolechas e dun membro da Policía Local, explicoulles ós rapaces e ás rapazas como deben circular nas súas bicicletas, algunhas normas de seguridade e a importancia de usar sempre o casco.

Ó remate da charla todos os nenos recibiron un casco para que o utilicen cando saian coas suas bicicletas e así circular de xeito seguro.

 

     

VISITAN A NOSA BIBLIOTECA HELENA E SUSO


O PASADO VENRES 26 DE OUTUBRO RECIBIMOS NA NOSA BIBLIOTECA A VISITA DOS ESCRITORES XESÚS RÁBADE PAREDES E HELENA VILLAR JANEIRO. OS NENOS DE 5º E 6º DISFRUTARON DUNHA SESIÓN CON ELES NA QUE FALARON DOS SEUS LIBROS, ALGÚN DOS CALES ESTÁN LENDO NAS AULAS. GRAZAS HELENA E SUSO POR ACOMPAÑARNOS!

ENTROIDO

 


 


O tema do entroido este ano foi sobre os contos.


Cada curso presentou o seu  conto.


Piratas, Ali Babá e algúns ladróns, Alicia coas súas maravillas, Brancaneves e os sete ananiños, Carrapuchiña vermella e o lobo feroz, Asterix e Obelix, e por último Os Cascanoces e as bailarinas.


Cantamos, bailamos, representamos... pasámolo xenial! FOTOS


 

Distribuir contido