Entroido 2023 - Mundo de cores

Un ano máis o carnaval pasou polo noso colexio. A gran festa dos disfraces non defraudou. Os alumnos e alumnas agasalláronnos coas súas mellores galas, ademais de facer unha gran demostración de baile. Premendo na imaxe accederedes ao vídeo do que foi a gala de Entroido 2023.