BENVID@S Á WEB DO NOSO CENTRO

HORARIOS:

DE 8.00  A 9.40 H: ALMORZOS NO COLE E SERVIZO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO.

DE 9.40 A 14.40 H: SESIÓN LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ.

DE 14.40 A 15.40 H: SERVIZO DE COMEDOR.

DE 15.40 A 16.40 H: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES VOLUNTARIAS.

SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR 16.40 H.

Ler por pracer nas vacacións

O segundo trimestre chega á súa fin. Temos por diante unha semana para descansar, xogar e desfrutar e a nosa Curuxiña Plumiña deixounos unhas recomendacións de lectura para estas vacacións.

Entroido 2024

O pasado mes de febreiro celebrouse o entroido no CEIP A Magdalena. Festexamos, bailamos, cantamos... Ao premer na imaxe teredes accesp a unha pequena mostra deste día tan fantástico. Ademais, se buscades a vosa curuxina poderedes ver a coreografía do festival. Pasámolo xenial! 

     

Día de Rosalía de Castro 2024

O pasado 23 de febreiro conmemoramos o legado poético de Rosalía de Castro cun fermoso paseo polos seus poemas! Os estudantes e o persoal do centro educativo megullámonos na beleza e a emoción dos seus versos, explorando os recunchos adornados con fragmentos das súas obras máis emblemáticas. Foi unha celebración inspiradora da arte e a literatura galega que nos lembrou a importancia da poesía nas nosas vidas. #RosalíaDeCastro #galizacalidade.

Premendo na imaxe poderedes ver esta unha montaxe desta fermosa actividade:

Postos escolares para 2024 - 2025

Os postos escolares ofertados para o curso 2024 / 2025 son os seguintes:

Admisión de alumnado 2024 / 2025

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN: 

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes.

SOLICITUDE

Presentarase unha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia completo.

2. Fotocopia do DNI de ambos proxenitores.

3. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.

4. Informe médico.

5. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

6. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

7. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

8. Tres fotografías tamaño carné.

9. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

Estás interesado en matricular o teu fillo/a no CEIPP A Magdalena? Convidámosvos a asistir á xornada de portas abertas de luns 4 de marzo en horario de 16:30 a 18:30. Aquí vos esperamos.

Entroido 2024 - Unha viaxe no tempo

  

Charanga @s Magdalen@s

A Charanga d@s Magdalen@s preséntase da seguinte maneira... Música e festa asegurada. Premede na imaxe e veredes...

Bo Nadal e feliz 2024

Querida comunidade do CEIPP A Magdalena, queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2024 en compañía dos vosos seres queridos. Este 2023 foi de grandes retos e desafíos, pero tamén de grandes logros. Traballamos xuntos para superar as dificultades e avanzar no noso camiño de aprendizaxe e crecemento. Queremos agradecervos a tod@s o voso esforzo e compromiso. Grazas a vós, o CEIPP A Magdalena é unha comunidade forte e unida.

Que o amor, a saúde e a alegría reine nos vosos fogares. E que o 2024 sexa un ano de éxitos e felicidade para tod@s. A continuación podedes ver algunhas das felicitacións realizadas pol@s alumn@s con axuda d@s profes Guiño

Distribuir contido