Skip to Content

Magosto

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

OBRADOIROS DE XOGOS POPULARES

  1. A CHAVE DE ASPAS
  2. OS BOLOS CELTAS
  3. A BILLARDA
  4. A CARREIRA DE SACOS
  5. AS TORRES DOS CAROZOS
  6. XOGOS DE CHÁN
  7. MARIOLAS E LABERINTOS
  8. RELEVOS COA CULLER

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021

 

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO

O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.

 

Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.

 

 

 

 

BOLOS

CONSTRUCIÓNS CO MILLO

O XOGO DA CHAVE DE ASPAS

MAGOSTO 2019

O pasado mércores celebramos a festa do magosto na nosa escola. a xornada desenvolveuse con varias actividades como cantar unha canción popular galega, participar nos obradoiros dos xogos populares. O tempo axudou moito, xa que fixo sol e poidemos comer as castañas no patio.

Os obradoiros de xogos este ano foron os seguintes:

1- O xogo da rá.

2- Construción de torres cos carozos do millo.

3- Relevos coa culler.

4- Os birlos ou bolos celtas.

5- Xogos co paracaídas e castañas.

6- Equilibrios cos zancos, a goma o aro guía.

7- Carreiras de sacos, colar fichas e as buxainas

Magosto 2018

Magosto 2018

MARTES 13 de Novembro a partir das 10.30 no torreiro da festa de Guillarei.

Este ano terá o seguinte programa:

10:45 II Carreira Solidaria para axudar ao banco de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño (podedes traer LEITE e CACAO xa durante estes días ao colexio). A carreira ten espíritu participativo e solidario e tamén participarán mestr@s, alumnado e as familias que se animen a correr ou camiñar un pouco.

Animádevos e vir a participar fomentando así o deporte e a solidaridade

12:00 Obradoiros de xogos populares galegos.

13:00 Tempo de comer castañas.

 

MAGOSTO 2017

MAGOSTO 2017

Este ano organizamos a festa do magosto por primeira vez no recinto de primaria. A xornada comezou primeiro cuns obradoiros de xogos populares polos cales foron pasando os diferentes equipos de nen@s (petanca, carreira de sacos, construccóns de carozos, busca de tesouros, ...).

video proba

Celebramos o magosto no ceip de Guillarei.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

 

POLO SAN MARTIÑO E TEMPO DE MAGOSTO!!!

Magosto 2014

Cartaz Magosto 2012

Cartaz Magosto 2012

Magosto 2012

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut