Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Recomendación de libros de lectura

Bufino, dende a biblioteca do centro, presenta a selección de libros que vos recomenda para este nadal. Tendes libros de diferentes temáticas. Non volo perdades!!!

Enlace ao blog da biblioteca, onde atoparedes os diferentes libros 

 

Recoñecemento ás boas prácticas

 Nestes días foi publicada a resolución do VII Concurso de traballo por proxectos coa participación da Biblioteca Escolar realizados no curso 2020/2021. Entre os seleccionados atópase o CEIP Plurilingüe García Barbón que presentou o seu proxecto Cando medre quero ser… entomólogo, dentro da modalidade de metodoloxía científica.

Compartimos con toda a comunidade educativa este recoñecemento ás boas prácticas, que non fai máis que animarnos a continuar a traballar co noso alumnado de xeito que poidan construir, desenvolver e profundizar nos seus coñecementos  sendo eles mesmos os protagonistas da súa aprendizaxe.

Enlace á resolución VII concurso de traballos por proxectos

Velaquí tendes unha mostra do traballo.

 

Cíes. O paraíso de tod@s

 

O noso colexio participou no concurso de debuxo "Cíes. O paraíso de todos" na modalidade de debuxo e de vídeo, no que se pretende poñer en valor e preservar as Illas Cíes. 

O alumnado de 5º gañou o premio na categoria de vídeo, imaxinando as Cies coma un lugar cheo de fantasía e o relacionaron co cadro "Paisaxe das Illas Cies" de Urbano Lugrís facendo unha composición propia que lles permitiu viaxar cara un paraiso Natural: AS ILLAS CIES

Queremos agradecer a participación de todo o alumnado que achegou os seus debuxos e  do profesorado implicado

  

 

 

Enlace á noticia do Faro de Vigo

 

 

Magosto no García Barbón

Un dos traballos deste trimestre estivo adicado as celebracións de outono, a cultura popular e a súa riqueza. Os xogos populares forman parte desta herdanza cultural, e coma non hai cousa que máis lles guste a nenos e nenas que xogar, que mellor forma de aprender que xogando!
 
Xusto iso foi o que fixemos estes días no cole García Barbón, xogar, pero aos xogos que xogaban os nosos avós e avoas de cativos. Que ben o pasamos e rematamos tomando unhas ricas castañas!
 
 
 

Renovación Consello Escolar

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

En base ao establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29-09-21); vaise a levar a cabo a renovación parcial do Consello Escolar do Ceip Plurilingüe García Barbón

  •  Organización e supervisión do proceso electoral,  estará a cargo da Xunta Electoraque estará integrada por
    • Director do centro
    • Representante do profesorado
    • Representante das familias
    • Representante do persoal de administración e servizos

 Os tres últimos foron designados por sorteo público o día 29 de outubro;  tal  é como se informou por escrito enviado por abalar a toda comunidade educativa

  • Xunta electoral
    • A data para a celebración da primeira reunión da Xunta Electoral é o mércores día 3 ás 13 horas, onde se establecerán as instrucións para levar a cabo o proceso electoral,  establecer o calendario electoral,...
  • Duración do mandato dos membros electos

 Tal e como se estable na resolución, co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do Consello Escolar elixidos en base ao proceso adiado no curso 2020/21 serán nomeados por un período de 3 anos

  • A renovación dos membros é parcial
    • 3 representantes  dos pais/nais, 1 pode ser proposto pola ANPA
    • 3 representantes do profesorado
    • 1 representante do sector P.A.S
  • Día e horario das votacións: 23 de novembro
    • Nais/pais/titores legais no horario: 9:15 a 11 horas e 16:00 a 18:00 horas
  • Datas de interese:
    • Censo electoral de pais/nais/titores legais no taboleiro de anuncios do centro. É convinte que o revisedes.
      • Período de reclamacións ata o 15 de novembro (ata ás 14 horas)
    • Presentación de candidaturas dos distintos sectores(Profesorado,pais/nais, PAS): do 08  ata o día 15 de novembro as 14 horas. Modelos na secretaria do centro
    • Publicación das candidaturas, no taboleiro de anuncios do centro. Período de reclamación o día 17 e 18 de novembro mediante escrito dirixido á Xunta Electoral
  • Circular información familias
  • Enlace circular candidatura de pais, nais, titores legaisunha vez cuberto entregar na secretaria do colexio
  • ELECCIÓNS AO CONSELO ESCOLAR: VOTACIÓN MARTES dia 23 en horario de 09:15 a 11 e de 1& a 18 horas
    • Información ás familias sobre a votación para as eleccións do Consello Escolar. Clicar no enlace
  • Acta de proclamación  dos novos membros do Consello Escolar, exposto no taboleiro de anuncios do colexio
  •  

 

 

Festa do Samaín 2021 no Barbón!

Aos nenos e nenas do cole García Barbón lles encantan as celebracións de outono e este venres puideron recordar a tradición do Samaín e disfrutar dun día diferente moi divertido. Cancións, murais, contacontos, obradoiros creativos, xogos de pistas, un pouco de baile e moitas risas, porque entre o medo e a risa so hai un paso! 

 

Se queredes ver algunhas destas propostas pasádevos polo blog de Dinamización Lingüística, Lareando no Barbón.clicando no enlace

 

Feliz Samaín!

 

Samaín 2021

Xa estamos inmersos na preparación das Celebracións de Outono, que este ano veñen cheas de sorpresas. Comezamos por poñernos as nosas galas máis terroríficas para recibir ao Samaín e o Halloween. O vindeiro venres 29 de outubro agardámosvos a todos disfrazados e non olvidedes traer unha merenda de medo! 

 

 

 

Normativa Covid Curso 2021-22

PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID

O equipo docente do CEIP García Barbón pon a disposición da comunidade educativa o Plan de adaptación a situación Covid-19 e  o plan de continxencia en base á  resolución do 1 de setembro de 2021, pola que se aproba o "Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensinio non universitario de Galicia para o curso 2021-22.

Ditos documentos serán sometidos as modificacións que establezan as autoridades educativas e sanitarias. Faremos a difusión deste plan nas distintas reunións coas familias  e teredes acceso aos documentos no apartado de descarga de documentos e logo en plans e proxectos

Para facilitar a comprensión dos mesmos, tendes unha presentación onde se destacan os puntos mais importantes destes planes e aspectos organizativos para este comezo do curso

  

Distribuir contido


by Dr. Radut