Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Entrega libros de texto e vales material. Curso 2021/22

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias

Xa temos a vosa disposición os libros de textos que se os adxudicaron. Para recollelos debes facelo no  día e hora que se  lle asigne ao voso fillo e filla no cadro que aparece a continuación:

 

GRUPO

DÍA

HORA

LUGAR DE RECOLLIDA

 

6

10:00-12:00

Entrada do colexio

7

11:00-13:00

Entrada do colexio

    

 

 

 

 

 

As familias que teñen os vales de material sen recoller:  

  •   Se pertecen  a estes cursos se lle entregará cos libros de texto.   
  • Nos outros casos,  neses mesmos días e no intervalo de tempo indicado anteriormente

Recomendacións

  • Debe esperar a súa quenda, mantendo a distancia de seguridade
  • Acudir unha soa persoa e non acompañada dun menor
  • Vir provisto de máscara e hixienizar as mans ao entrar
  • Aconsellable que traia o seu bolígrafo


Arrancamos o curso escolar 2021-22

Estimadas familias, damos comezo a unha nova etapa e o equipo docente do CEIP García Barbón quere darvos a benvida a un novo curso académico que arranca o xoves dia 9 de setembro

Iniciamos este curso con ilusión renovada convencidos/as de que todas e todos os que formamos a comunidade educativa do centro somos pezas fundamentais para un mesmo fin: a educación das vosas fillas e fillos

 

 

 

 

Recomendamos que consultedes a paxina web do centro onde aparecerán novidades sobre o comezo do curso: lista de material, entrega dos vales de fondo de libros,...

Información para as familias de 4º infantil: curso 2021-22

Achegámosvos información de interese para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil que comeza o cole en setembro.

Ademáis dalgunha recomendación interesante atoparedes as quendas do periodo de adaptación. O grupo concreto ao que pertencedes cada un o recibiredes por correo electrónico, no caso de non recibilo contactade co centro a través das contas: ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal /direccion@garciabarbon.com.es

 

Benvidos e benvidas ao cole!

  

 

Publicación listaxes fondo de libros 2021-22

Trasladámosvos as datas de interese con respecto ao Fonfo de Libros:

 

  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS PROVISIONAIS5 de xullo
  • PERIODO DE RECLAMACIÓNS AO LISTADO PROVISIONAL: 6, 7 de xullo
  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS: 9 de xullo
  • ENTREGA DE VALES: 12,13 e 14 de xullo

VARIAS CONSIDERACIÓNS 

  • As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros
  • A publicación dos listados, tanto provisionais como definitivos, estarán  dispoñibles no taboleiro de anuncios do interior do centro
  • Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

ENTREGA DOS VALES

 

  • A entrega dos vales   dos libros de 1º e 2º e os de material escolar farase entre as 09 e as 13 horas nas datas establecidas. E logo a partir do día 1 de setembro
  • A entrega dos vales farase exclusivamente á persoa titular da solicitude, de non ser posible deberá achegarse autorización escrita e copia do DNI das persoas titular e autorizada.
  • Pregamos que a recollida se faga tomando as medidas preventivas oportunas.
  • Os libros de texto de 3º e 4º entregarémolos no mes de setembro ao igual cos vales non recollidos no mes de xullo

Conseguímolo!!!

 

Chegamos ao final deste curso tan atípico e quixemos facelo do mesmo xeito que o empezamos, con alegría.

Hoxe foi día de sorpresas, xogos, risas e algunha que outra bágoa o despedirnos dos amigos.

Aquí vos deixamos unha mostra da festa de curso.

 

Feliz verán! Vémonos en setembro!

 

Formalización de matrícula para o curso 2021-22

A formalización do proceso de matriculación para o curso 2021-22 comeza o día 21 e remata o 30 de xuño. É

PRECISO SOLICITAR CITA PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO 886111087

Documentación a presentar

  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné
  • Fotocopoia da tarxeta de prestación sanitaria
  • Fotocopia da Cartilla de Saúde Infantil
  • Documentación complemetaria

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  • Prazo: do 21 de maio ao 22 de xuño
  • Cita previa: Para a entrega de documentación e calquera acción relacionada con este proceso é necesario pedir cita previa no centro, chamando ao teléfono: 886 111087
  • Resumo da orde do 6 de maio

  

Listaxe definitiva de admitidos e admitidas curso 2021/22

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitifo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2021/22

Prazo para a formalización da matrícula:20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Campamento de Verán 2021-ANPA

Achegamos a información que nos trasladou a ANPA do Ceip García Barbón sobre o campamento de verán a desenrolar no centro. Enlazamos o seu blog onde tendes información moi detallada sobre o desenrolo do mesmo datas, horario, tarifas e condicións), o modo de facer a reserva de praza e formas de contacto para resolver dúbidas. 

Lembrade descargar o documento PDF que contén as datas, actividades, horario, tarifas e condicións.

ANPA CEIP García Barbón

Distribuir contido


by Dr. Radut